Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Alumnos do Colexio Fingoi premiados no concurso de deseño gráfico contra a violencia de xénero


# Luns, 27/09/2010


Imaxe Asociada
A Concellería de Benestar Social e Igualdade vén de conceder o premio do concurso de deseño gráfico “A prevención da violencia de xénero”.

O premio recaeu nun grupo de alumnos de segundo curso de Bacharelato do Colexio Fingoi (Área de Artes) polo traballo que presentaron baixo o lema “Abróchate”.

Este premio, convocado como paso previo á celebración das Xornadas de sensibilización na prevención de malos tratos que terán lugar no mes de novembro, ten unha dotación económica de 600 euros ademais dun agasallo.

O xurado que outorgou o premio estivo integrado pola Concelleira Carmen Basadre, José Manuel Núñez Blázquez, Valentín López Arira e como secretaria actuou María Jesús González-Vara Pin.





Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova