Cargando....
Concello de Lugo
23/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello achega as novas tecnoloxías aos veciños do rural


# Luns, 27/09/2010
A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, presentou hoxe unha iniciativa para achegar actividades formativas relacionadas coas novas tecnoloxías nos Telecentros Rurais do Concello de Lugo

Imaxe Asociada

A programación levarase a cabo en oito telecentros dende o 28 de setembro ata o 27 de xaneiro

O programa formativo está dividido en dúas partes, unha de iniciación a informática e outra sobre a navegación por Internet



A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, presentou hoxe unha iniciativa para achegar as novas tecnoloxías ás zonas rurais de Lugo. As actividades se desenrolarán nas parroquias da zona rural do municipio, e están incluídas no Proxecto europeo PARNET-tic.

PARNET-tic é un proxecto destinado ao fomento da sociedade da información nos territorios rurais, fomentando o acceso ás infraestruturas da comunicación e a sociedade da información. Este proxecto intégrase no programa de cooperación territorial “Espacio Sudoeste 2007-2013” da Unión Europea.

“Son actividades dirixidas á xente máis maior que quere pedir cita no médico, solicitar un certificado no padrón ou visitar un museo”, destacou a Concelleira de Servizos Xerais. O programa formativo ten como obxectivo iniciar aos usuarios tanto no manexo dos sistemas operativos e de certas aplicacións convencionais, como o uso de Internet e das novas tecnoloxías aplicadas ao uso cotián. Está dividido en dúas partes, unha á iniciación o mundo da informática e outra sobre a navegación por Internet. “A xente maior interésalles as novas tecnoloxías. As actividades no Castiñeiro teñen moitísimo éxito, os 15 ordenadores sempre están ocupados”, destacou Luisa Zarzuela.

As actividades formativas terán lugar na Rede de Telecentros Rurais: Calde, Coeses, Castelo, San Pedro de Mera, Santa Comba, San Xoan do Campo, Santa María de Bóveda e O Veral. A programación levarase a cabo dende o 28 de setembro ata o 27 de xaneiro, tódolos martes e xoves dende as 18.00 horas ata as 19.30 horas.

Programación telecentros rurais (arquivo PDF)

Programación Castiñeiro (arquivo PDF)


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova