Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo manifesta o seu apoio a Sanidade Pública


# Mércores, 13/10/2010
A Plataforma Galega para a Defensa da Sanidade Pública informou o Alcalde da convocatoria dunha mobilización para o 21 de novembro en Santiago de Compostela

Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, mantivo esta tarde unha xuntanza co voceiro da Plataforma Galega para a Defensa da Sanidade Pública, Manuel Martín, onde o Alcalde expresou o seu apoio a sanidade pública.

Manuel Martín explicoulle ao Alcalde que dende a Plataforma Galega convócase unha mobilización para o 21 de novembro en Santiago de Compostela en defensa da sanidade pública, xa que o voceiro considera que “a sanidade publica corre un grave risco de privatización cun recorte de recursos económicos, a paralización do plan de atención primaria, a paralización da entrada en funcionamentos dos hospitais, como pode ser o de Lugo ou o anuncio de privatización dos novos centros de saúde”. O voceiro da Plataforma Galega para a Defensa da Sanidade Pública asegurou que “existe un perigo real para a sanidade publica”.

Neste senso, Manuel Martín, plantexou diversas iniciativas de colaboración co Concello de Lugo, e solicitou ao Alcalde a posibilidade de presentar algunha moción en defensa da sanidade pública. Martín instou a todos os cidadáns a acudir a concentración do vindeiro mes en Santiago de Compostela.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova