Cargando....
Concello de Lugo
02/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

A XIV edición de Artesanfroilán remata cun volume de negocio próximo ós 100.000 euros


# Mércores, 13/10/2010
As ganancias dos 26 profesionais que participaron na mostra, principalmente da provincia lucense, incrementáronse nun 20% con respecto á convocatoria anterior

A décimo cuarta edición de Artesanfroilán que organizou a Deputación durante os festexos de San Froilán en colaboración co Concello de Lugo rematou cun volume de negocio de preto de 100.000 euros. Os 26 artesáns que participaron na mostra, -12 da provincia lucense, 9 da Coruña, 3 de Pontevedra, 1 de Asturias e 1 de Portugal-, amosáronse moi satisfeitos co resultado da iniciativa do organismo provincial logo de incrementar as súas ganancias nun 20% con respecto á convocatoria anterior.

Dende o 5 ó 12 de outubro, vendéronse pezas de oleiría, cerámica, pratería, téxtil, vidro, serigrafía, pedra, cartón, madeira e ata metal de difícil distribución no mercado debido a que os seus produtores son propietarios de pequenas e exclusivas empresas. Con esta exposición, a Deputación colabora a manter postos de emprego ó tempo que impulsa este sector tal e como vén realizando dende o Centro de Artesanía e Deseño, -CENTRAD-, ou con Km0, o programa medioambiental onde un dos seus principais provedores son artesáns tales como os ferreiros de Riotorto, as redeiras de Burela ou os oleiros de Bonxe entre outros, todos eles en auxe dende a posta en marcha da pioneira iniciativa en España do organismo provincial.

O éxito de Artesanfroilán cuantifícase ademais no número de profesionais que cada ano se interesan por participar e presentan a súa solicitude. Nesta ocasión, o CENTRAD recibiu 110 peticións de artesáns de toda España e Portugal, un 40% máis que en 2009. A maiores, a ubicación da mostra na céntrica praza da capital Anxo Fernández Gómez, feito que se debe á intensa colaboración entre Deputación e Concello, tamén influíu no número de visitantes e vendas que acadou Artesanfroilán.

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova