Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Comeza o curso no Parque Infantil de Tráfico


# Xoves, 14/10/2010


O Parque Infantil de Tráfico do Concello de Lugo iniciou hoxe as clases teóricas do curso de educación vial que se van impartir durante este trimestre.

Os primeiros alumnos que asistiron a estas clases son dos CEIP das Mercedes e a Anexa.

Durante o trimestre os monitores do PIT pasarán polas aulas da práctica totalidade dos centros escolares do Concello tanto públicos como privados, mesmo os de educación especial e a asociación Aspnais.

As clases diríxense a alumnos de 8 a 14 anos e constan dunha charla teórica de dúas horas, en días consecutivos, e de clases prácticas de tres horas de duración que se imparten na pista do PIT, na antiga Frigsa.

Parque Infantil de Tráfico P.I.T.

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova