Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Unha mostra fotográfica da ONG Solidariedade Galega achega a realidade de Nicaragua ata o Centro Social Uxío Novoneyra


# Xoves, 14/10/2010
A Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, presentou a exposición fotográfica “Nicaragua: unha realidade viva” da ONG Solidariedade Galega

Imaxe Asociada

A mostra poderá verse dende este luns 18 de outubro ata o 5 de novembro

A Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, xunto con Lourdes Vermello López, coordinadora do proxecto e Mari Carmen Martínez, cooperante da ONG Solidariedade Galega, presentaron esta mañá a exposición “Nicaragua: unha realidade viva”, que poderá verse no Centro Social Uxío Novoneyra dende o vindeiro luns 18 de outubro ata o 5 de novembro.

Unha mostra fotográfica de 54 fotografías en cor e branco e negro, realizadas polo fotógrafo Eduardo J. Castro Rodríguez, que reflexa o traballo do proxecto de cooperación realizado en Nicaragua pola ONG Solidariedade Galega, amosando a cultura e sociedade do pobo nicaragüense.


A exposición “Nicaragua: unha realidade viva”

A exposición divídese en tres bloques que intentan mostrar o espectador, dunha maneira artística e sutil, as actividades realizadas en Nicaragua pola ONG, a problemática sanitaria e social dos buzos en “Puerto Cabezas” na RAAN e por último a cultura e sociedade do pobo nicaragüense.

A través deste recorrido onde se mestura o traballo realizado ca arte fotográfico, permitirá coñecer unha realidade e unha situación, a que está vivindo Nicaragua.
Un primeiro bloque pretende mostrar a través das fotografías os aspectos sociais do pobo nicaragüense e a súa cultura, a súas actividades cotiás, o seu traballo, etc. E intentar trasladar o espectador a propia Nicaragua, coñecer as súas xentes e sentir unha cercanía con cada un de nos.

Un segundo bloque quere plasmar o traballo realizado pola ONG Solidariedade Galega en “Nueva Segovia” o norte de Nicaragua. Este traballo consistiu na elaboración dun programa formativo dirixido os médicos, enfermeiras, parteiras e a rede comunitaria (brigadistas de saúde, bombeiros, policía, exército) formando a grupos de cada
comunidade e aportando os medios necesarios técnicos e materiais para que estes repliquen os seus coñecementos a outros profesionais.

E por último, un terceiro apartado que explica a problemática que viven os mergulladores en Puerto Cabezas o noroeste de Nicaragua. O carecer de formación e medios adecuados para a súa profesión, a pesca da langosta mediante con mergullo autónomo, en vez de darlles a liberdade de subsistir honradamente, os conduce a morte ou graves enfermidades con secuelas letais (paraplexías, tetraplexías,..)




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova