A festa de aniversario consistiu na actuación de catro dos grupos que utilizan as instalacións da Casa da Música para os seus ensaios: Arrincadeira, JPA, Ripper Ground e Penas de Rodas.
Ademais deste concerto conmemorativo, tamén se celebraron outras actividades. Houbo xogos e reparto de premios que remataron co concerto que foi un éxito de público.