Imprimir

UN CENTO DE PERSOAS ASISTIRON Ó CONCERTO CO QUE SE CELEBROU O ANIVERSARIO DA CASA DA MÚSICA.


25/9/2010 Nos actos participou a Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo.

A festa de aniversario consistiu na actuación de catro dos grupos que utilizan as instalacións da Casa da Música para os seus ensaios: Arrincadeira, JPA, Ripper Ground e Penas de Rodas.

Ademais deste concerto conmemorativo, tamén se celebraron outras actividades. Houbo xogos e reparto de premios que remataron co concerto que foi un éxito de público.