Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo crea unha intranet para os colexios de infantil e primaria á que se accederá desde a web do Concello


# Venres, 24/09/2010


Imaxe Asociada Imaxe Asociada

As Concellerías de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, e Educación, Dolores Vilariño, presentaron hoxe o Portal da Comunidade Escolar que se crea na web do Concello de Lugo para dar servizo a profesores e pais dos centros escolares de Lugo.

A Concelleira de Educación explicou que esta ferramenta informática “facilitará o tra- ballo da comunidade educativa de infantil e primaria”. Tamén explicou que se poderán beneficiar dela todos os colexios que o desexen ós que se lles facilitarán un usuario e un contrasinal para acceder ó portal que conterá unha área pública e outra privada.

Na área pública os centros escolares poderán poñer información sobre as súas actividades, horarios e todo tipo de avisos ou información, así como un mapa de localización do centro.

A área privada permitiralles ós profesores dispor de ferramentas para planificar a súa actividade docente tales como calendario escolar, axenda ou horarios.

A responsable de Servizos Xerais explicou que se trata dunha ferramenta “útil e sinxela de manexar” á que se poderá acceder desde a web do Concello www.lugo.es.

http://www.lugo.es/cs/Satellite?pagename=ComunidadEscolar/Page/CEInicio


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova