Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo ten a mellor planta potabilizadora do Noroeste peninsular


# Xoves, 23/09/2010
A nova ETAP supuxo un investimento de case 30 millóns de euros e ten capacidade para o dobre do consumo medio diario actual da cidade

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde destaca que antes Lugo tiña auga potable e agora tena ademais de calidade

O Alcalde, José López Orozco, o director xeral de Acuanorte, Vicente Sánchez Álvarez, e o director de explotacións de Gestagua, Gonzalo Murillo, presentaron hoxe a Estación de Tratamento de Auga Potable de Lugo, a ETAP que desde esta semana trata a auga que consumimos.

O Alcalde destacou a importancia desta infraestrutura, que supuxo un investimento de 29.976.029, financiado con fondos do Concello, o Ministerio de Medio Ambiente e da Unión Europea. López Orozco remarcou que “significa un importante esforzo económico que fan tanto a empresa pública Acuanorte, como a Unión Europea e o Concello para que Lugo teña unha auga de calidade”.

“Antes tiñamos auga potable, agora ademais é de calidade”, dixo o Alcalde que se declarou moi satisfeito e agradecido a todas as persoas e institucións que colaboraron para que a nova potabilizadora fose posible e tivo unha especial lembranza para o que fora Concelleiro Marcos Cela.

O proxecto, segundo explicou o Alcalde, “verase complementado cunha segunda fase, na, que agardamos estea concluída no outono do ano que vén, e dentro de poucos meses inaugurarase a nova Depuradora”. “Obras coma estas son difíciles de vender politicamente pero pagan a pena porque son un servizo que é básico para a cidadanía”, dixo o Alcalde, quen engadiu que “moitas veces pregúntanme pola grande obra de Orozco e son infraestruturas coma estas nas que penso que paga a pena facer un esforzo económico grande”.

O rexedor municipal tamén sinalou que en Lugo “temos auga en abundancia pero sabémola compartir, que saiban os concellos próximos que nunca nos opoñeremos a que desfruten dela”. Ademáis, o Alcalde fixo fincapé na necesidade de que saibamos coidar das augas do río Miño.

O director xeral da empresa pública Acuanorte, Vicente Sánchez, explicou que “o Concello tiña as ideas moi claras do que quería desde o primeiro momento e explicou que as obras da segunda fase van moi ben”.

Tamén dixo que a nova planta potabilizadora “está deseñada para tratar 650 litros por segundo mentres o consumo actual do Concello é de 300-350 litros, polo que ten capacidade de sobra para os próximos anos”.

Para o director de explotacións de Gestagua, Gonzalo Murillo, “cando optamos a adxudicación eramos conscientes da necesidade de cambiar a percepción do usuario final sobre a auga da billa e estou convencido de que o acadaremos pronto”.

Lugo é pioneira

A nova ETAP fai de Lugo unha cidade punteira no Noroeste peninsular no tocante ó tratamento da auga. A profesionalidade e capacitación tecnolóxica da empresa adxudicataria do servizo, Gestagua, filial en España do grupo Saur, achega a experiencia de máis de oitenta anos na xestión deste tipo de instalacións en miles de municipios por todo o mundo e sitúa a Lugo á cabeza da tecnoloxía aplicada á produción de auga para consumo humano.

Coa entrada en servizo da nova Estación de Tratamento de Auga Potable queda garantido o subministro de auga para o municipio, xa que ten unha capacidade que supón o dobre do consumo medio diario actual da cidade, e nunhas condicións de salubridade que responden ás esixencias actuais e ás que puideran presentarse no futuro.


ANTECEDENTES E DATOS TÉCNICOS

Ata a entrada en funcionamento das novas instalacións o sistema de abastecemento en alta a Lugo presentaba carencias por distintos motivos.
A estación de tratamento de auga potable estaba situada nunha zona inundable do río.
O sistema de tratamento non ofrecía a versatilidade necesaria para adaptarse a calidade variable da auga do Miño.
Dende o punto de vista ambiental:
A planta non dispoñía dunha liña de tratamento de lamas.
As augas procedentes do lavado de filtros e as purgas dos decantadores non se podían recuperar.
Podíase chegar a poñer en risco na época estival o caudal mínimo ecolóxico.

Nun estudo realizado polo Concello detéctase que, ademais destas carencias, que a poboación abastecida non se mostra satisfeita coa calidade organoléptica da auga, diminuíndo progresivamente o uso de auga municipal para beber.
Con estes antecedentes o Concello de Lugo xunto co Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño a través da Empresa pública Acuanorte financia e executa o plan de mellora do Abastecemento a Lugo apoiados por fondos Europeos de desenvolvemento rexional.
Este Plan consta de dúas fases das cales a 1ª foi executada na súa totalidade. Unha vez finalizada esta obra o Concello saca a concurso a posta en marcha das instalacións que compoñen esta 1ª fase, no que resulta adxudicatario GESTAGUA.

A XESTIÓN

Xestionar a produción de auga para calquera comunidade é unha tarefa de singular impacto no benestar dos cidadáns que a integran,
por constituír o seu primeiro alimento, e polo tanto base da súa propia saúde,
pola súa directa relación cos niveis públicos de salubridade e aseo urbano,
pola súa contribución a xerar espazos urbanos de encontro e de recreo, e
pola súa especial incidencia na seguridade de bens e persoas.
A xestión por GESTAGUA, da nova Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) asegura a achega das mellores tecnolóxicas e a súa profesionalidade para garantir, dunha forma sostible:
O tratamento da auga bruta dispoñible, mediante os procesos máis eficaces e adaptados á infraestrutura xestionada, ata a obtención estable e programada de auga potable dunha calidade establecida e controlada, en cantidade suficiente para satisfacer a demanda instantánea, servida nos depósitos reguladores máis convenientes para a súa ulterior distribución
A constante e eficaz conservación de todos os elementos da ETAP, sexan obras civís, auxiliares ou equipamentos, capaz de manter ou mellorar os seus estándares de rendemento, primando sempre as accións preventivas (e polo tanto, programadas) sobre as correctivas
Un control exhaustivo e continuo de la calidade de todos os traballos da planta (capaz de optimizar o seu rendemento) pero sobre todo do seu produto final, a auga potable (básica para a percepción global de la calidade do servizo), e
unha capacidade de reacción inmediata, mediante procedementos coñecidos e estables, ante calquera emerxencia relacionada coa devandita calidade, co funcionamento de nda ETAP ou cos produtos utilizados nela.

DESCRICIÓN DAS INSTALACIÓNS DO ABASTECEMENTO DE AUGA A LUGO (PRIMEIRA FASE)

O Sistema está composto polos seguintes elementos:
Obra de Toma no Miño.
Unha Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP).
Unha estación de bombeo para elevar a auga tratada o depósito de Penarrubia.
Un novo depósito en Penarrubia
Unha condución de impulsión dende lla ETAP ao depósito de Penarrubia.
Unha condución dende o novo depósito ata os actuais depósitos municipais de Lugo en Marcelle.
Unha condución e bombeo do efluente augas arriba do Miño para preservar o caudal ambiental do río e desinfección final con ultravioleta.



As instalacións incluídas na actuación denominada "Abastecemento de auga a Lugo" ten como obxectivo básico a execución dun sistema de abastecemento capaz de garantir a cantidade e calidade deste dentro do máximo respecto ao mantemento dos caudais de conservación ambiental.

A poboación actual do municipio de Lugo ascende 95.000 habitantes aproximadamente. O sistema abastecerá, coa correspondente garantía de subministración á poboación, o polígono industrial de O Ceao e o futuro Parque Empresarial de As Gándaras que se está a desenvolver o norte da zona urbana de Lugo.

Para iso construíuse unha nova Estación de Tratamento de Augas Potables (ETAP) dotada dun robusto proceso de tratamento, que garante auga de calidade para o consumo humano mesmo en época de estiaxe e tamén capaz de absorber as variacións na calidade da auga que puidesen afectar ao río Miño augas arriba da zona de actuación. A nova ETAP ademais evitará a cloración como sistema de oxidación, incorporando un proceso por medio de ozono. Desta forma limitarase a xeración de subprodutos non desexados como os trihalometanos, que están fortemente limitados pola normativa relativa a augas de consumo humano (Real Decreto 140/2003, do 7 de febreiro, polo que se establecen os criterios sanitarios da calidade da auga de consumo humano e a Orde SCO/3719/2005, do 21 de novembro, sobre substancias para o tratamento da auga destinada á produción de auga de consumo humano).

As novas infraestruturas están formadas por:
Nova toma de auga no río Miño. Esta nova toma sitúase na marxe dereita do río á altura da ponte de Ombreiro, aproveitando a presa existente baixo esta ponte e que, actualmente, se utiliza tamén como toma para a actual ETAP de Lugo. Dende a toma bombéase a auga á nova ETAP.

Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP), que garante a potabilidade e o cumprimento da normativa europea de calidade da auga de abastecemento. Situada na marxe dereita do río, próxima tamén á ponte de Ombreiro, sen estar situada nin na zona de inundación nin na zona de policía do río, deseñouse para un caudal nominal de 650 l/s e onde o tratamento ten dúas liñas coas seguintes características:
- Regulación do caudal de entrada.
- Desbaste de sólidos
- Remineralización da auga con CO2 e auga saturada de cal.
- Medida de caudal de auga a módulos de tratamento.
- Cámaras de pre-oxidación con Ozono
- Coagulación
- Floculación
- Decantación lamelar
- Filtros de area
- Cámara de post-ozonización
- Filtros de carbón activo
- Desinfección final con cloro
- Axuste de pH
- Depósito de auga tratada de 9.000 m3.
- Bombeo de auga tratada o novo depósito

Depósito de Penarrubia: un novo depósito en cota abonda para abastecer por gravidade a práctica totalidade da zona urbana de Lugo. Este depósito ten unha capacidade de almacenamento de 25.000 m3 e está situado no denominado "Mogote de Penarrubia".

Conducións. Para a correcta integración das infraestruturas executadas no sistema xeral de abastecemento á cidade, as principais conducións son:
- Condución dende a toma no río Miño ata a ETAP.
- Condución de bombeo de auga tratada dende a nova ETAP ata o novo depósito de Penarrubia.
- Condución de bombeo de auga tratada dende a nova ETAP ata os depósitos existentes en Marcelle (depósitos actuais de Lugo).
- Condución de conexión entre os novos depósitos de Penarrubia e os actuais de Marcelle.
- Condución de recirculación dunha parte do efluente da Estación Depuradora de Aguas Residuais (EDAR) de Lugo, mediante bombeo, co obxectivo de garantir o caudal ambiental no río Miño en época de estiaxe.

Instalación de raios ultravioleta. Para asegurar a desinfección total da auga que se vai devolver o Miño.

MELLORAS DO NOVO SISTEMA DE ABASTECEMENTO DE AUGA

1.A situación da ETAP está fóra da zona de inundación da avenida de 500 anos de período de retorno.
2.A ETAP dispón de tres procesos ata agora non existentes:
a.PREOXIDACIÓN MEDIANTE OZONO
Mellora da calidade organoléptica da auga, evita a formación de subprodutos da cloración non desexados.
b.REMINERALIZACIÓN E EQUILIBRADO FINAL
Permite subministrar unha auga equilibrada, é dicir, nin agresiva, nin incrustante.
c.FILTRACIÓN MEDIANTE LEITO DE CARBÓN ACTIVO
Mellora a calidade organoléptica da auga e elimina contaminantes
Orgánicos presentes a moi baixas concentracións.
2.Mellora a garantía de continuidade no servizo o aumentar a capacidade de almacenamento tanto na ETAP como no novo depósito de distribución de Penarrubia. A capacidade da nova planta dobra o consu
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova