Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Aberto o prazo para as visitas históricas ao Cemiterio Municipal


# Venres, 24/09/2010
A inscrición pode facerse a través do Servizo 010 do Concello ata o venres día 1 de outubro

O domingo día 3 de outubro celebrarase a primeira visita ao Cemiterio de San Froilán

Haberá 20 prazas dispoñibles e a duración da visita será dunha hora e media aproximadamente


O Concello de Lugo comezará, o vindeiro domingo día 3 de outubro, o programa de visitas guiadas ao Cemiterio Municipal, que dende hai uns meses forma parte da rede europea de cemiterios significativos polo seu atractivo histórico, artístico e paisaxístico.

Haberá 20 prazas dispoñibles, e a inscrición pode facerse a través do Servizo 010 do Concello ata o venres día 1 de outubro. A visita primeira visita programada ao Cemiterio San Froilán será o domingo día 3 de outubro en horario de 11.00 h a 13.00 horas, e a entrada será de balde.

Máis información Cemiterio Municipal San Froilán



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova