Cargando....
Concello de Lugo
07/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

A I Mostra Itinerante de Cine Español feito por Mulleres chega a Lugo


# Venres, 15/10/2010
Dende o luns e ata o xoves proxectaranse varios films no Centro Maruja Mallo
A Concelleira de Muller e Benestar Social participará nun coloquio o luns as 19.00 horas


Imaxe Asociada
As proxeccións serán as 20.00 horas e a entrada será de balde


A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, presentou hoxe a I Mostra Itinerante de cine español feito por mulleres, “Mulleres de Cine”. Esta é a primeira vez que se vai desenrolar en Lugo esta iniciativa, impulsada polo Instituto da Muller e que conta coa colaboración do Concello de Lugo.

A mostra, que percorrerá Benidorm, Lugo, Jaén, Murcia e Xixón, pretende dinamizar e dar a coñecer longametraxes españois realizados por mulleres, tal e como destacou a Concelleira de Muller e Benestar Social, “o proxecto pretende reivindicar e visibilizar o traballo creativo dalgunhas directoras de cine, como representación de todo un grupo de mulleres que loitan por facerse un oco no difícil mundo da industria cinematográfica e audiovisual española”.

O vindeiro luns, día 18 dará comezo a Mostra coa proxección do film “Retorno a Hansala”, de Chus Gutiérrez. Será as 20.00 horas no Centro de Convivencia Maruja Mallo, e a entrada será de balde. O mesmo luns, as 19.00 horas, celebrarase un coloquio no que participarán a Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, a directora do filme, Chus Gutiérrez, a técnica da mostra, Ana Isabel Palacios, a artista lucense Luz Darriba, e a directora do centro de produción de programas da Fundación TIC, Marga Soilán.

O martes as 20.00 horas proxectarase “El niño pez” de Lucía Puenzo. O mércores día 20 será a quenda de “Tres días con la familia” de Mar Coll. E o xoves seráa quenda de “La luna en ti”, obra da directora Diana Fabianova. Tódolos films serán as 20.00 horas no Centro de Convivencia Maruja Mallo e coa entrada gratuíta.

Por outra banda, a Concelleira de Muller e Benestar Social, informou sobre a segunda reunión da Mesa Técnica de Violencia de Xénero mantida esta mesma mañá, e onde acordouse que as diferentes institucións aportaran recursos para unha nova reunión na primeira semana de decembro co fin de levar a cabo un protocolo que dende o Concello empezaríase a aplicar no vindeiro ano. O obxectivo, unificar e optimizar os recursos para que as mulleres saiban onde dirixirse e informarse.





Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova