Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Mesa Local de Comercio anuncia novas obras no centro histórico


# Luns, 18/10/2010
As vindeiras obras de mellora de repavimentación e alumeado público no centro histórico ascenderán a 177.798 euros e levaranse a cabo na rúa da Raiña, San Froilán e rúa Nova

Imaxe Asociada

Dende o ano 2009, as axudas a locais de negocio do centro da cidade, incluídas no Plan Urban, ascenderon a 124.200 euros nun total de 76 axudas


A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, o Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro, xunto co Presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, e o Vicepresidente da Asociación de Hostalería de Lugo, Jacobo García, mantiveron hoxe unha nova xuntanza da Mesa Local de Comercio do Concello de Lugo.

Entre outros temas, a Concelleira de Economía e Emprego destacou as actuacións levadas a cabo polo Plan Urban, como poden ser as reformas dos elementos exteriores das fachadas e cubertas, a reforma de rótulos, a reposición de mesas e cadeiras nas terrazas ou as axudas a instalación de iluminación nos escaparates. Segundo destacou Sonia Méndez, “dende 2009, concedéronse 76 axudas cun orzamento que ascendeu a 124.200 euros, e hai pendentes 10 solicitudes do último prazo de presentación, do pasado 30 de setembro”.

Tamén se deu conta das vindeiras obras de repavimentación que se van a levar a cabo no casco histórico. Segundo destacou o Concelleiro de Infraestruturas, “as obras de renovación dos pavimentos e alumeado público, que xa se fixeron na rúa Progreso, Xoan Montes, Campo Castelo, Norias, Armanyá e Teniente Coronel Teixeiro, se amplian as rúas da Raiña, San Froilán e rúa Nova, quedando para unha seguinte actuación a rúa Clérigos”. Esta nova actuación terá un orzamento de 177.798 euros, 102.000 euros na rúa da Raiña e San Froilán, e 75.798 euros nas melloras da rúa Nova. Ademais, está previsto que as obras de renovación do alumeado público na Praza de Santo Domingo sexan executadas este ano, e contan cun orzamento de 186.000 euros.

Tanto a Concelleira de Economía e Emprego como o Concelleiro de Infraestruturas, destacaron a importancia de de celebrar vindeiras reunións cos comerciantes das zonas afectadas polas melloras para plantexar un calendario de obras e causar as menores molestias posibles.

Pola súa banda, o Presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, destacou a importancia destas reunións, que axudan a coordinación, e destacou que “Lugo é pioneira na celebración de Mesas Locales de Comercio”

www.lugo.es/urban






Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova