Cargando....
Concello de Lugo
12/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Alumnos do IES Lucus Augusti asisten a unha charla de cooperativismo no CEI


# Luns, 18/10/2010


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

Alumnos do IES Lucus Augusti visitaron hoxe o CEI-Nodus. A visita deste grupo de escolares forma parte das actividades de fomento do cooperativismo que leva a cabo a Concellería de Economía e Emprego. 

Esta foi a primeira dunha serie de charlas informativas adicadas a alumnos de primaria e secundaria dos centros de ensino de Lugo que teñen lugar no marco dunhas xornadas de cooperativismo, impulsadas polo Concello de Lugo.

Con estas xornadas, que se desenvolverán ata o vindeiro día 22, trátase de promocionar e fomentar o cooperativismo.

Ademais a Concellería de Economía e Emprego ten convocados dous concursos de fotografía sobre cooperativismo e valores cooperativos e de deseño de imaxe corporativa para as cooperativas galegas. Os premios entregaranse o vindeiro día 26 cadrando coa xornada de clausura das actividades.  

cei.lugo.es

Actividades para o fomento do cooperativismo

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova