Cargando....
Concello de Lugo
11/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Caixanova súmase a Lugo10 cun concerto da Orquestra Filarmónica de Aquila


# Martes, 19/10/2010
A actuación será o vindeiro día 26 de outubro no Círculo das Artes de Lugo

Imaxe Asociada

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, asinou esta mañá un convenio con Gabriel González Eiro, Director Comercial de Caixanova en Galicia, que regula a colaboración desta empresa co programa Lugo10.

Así, Caixanova convértese en colaborador da marca Lugo10, un programa de actividades desenvoltas dende o Concello para conmemorar o Décimo Aniversario da declaración pola Unesco da Muralla de Lugo como Patrimonio Mundial.

O Alcalde destacou a implicación desta entidade coa Muralla de Lugo e sinalou que “estamos encantados da súa presenza, sobretodo despois da fusión que se celebrou onte entre Caixanova e Caixa Galicia, o que suporá sen dúbida un éxito para Galicia”. Do mesmo xeito, López Orozco, agradeceu a colaboración de Caixanova con Lugo10 coa programación deste concerto, e destacou que “ao Concello e polo tanto aos lucenses esta actividade resúltalles a coste cero”.

Pola súa banda, Gabriel González Eiroa, Director Provincial de Galicia, destacou que “precisamente hai dez anos, o 17 de xuño de 2000, nacía Caixanova, agora dez anos despois nace unha nova caixa e ademáis formamos parte do Décimo Aniversario e do programa Lugo10”.

Caixanova achega á programación de Lugo10 unha actuación da Orquestra Filarmónica de Aquila o vindeiro 26 de outubro no Círculo das Artes de Lugo, segundo establece o convenio que asinaron hoxe o Alcalde de Lugo e o Director Provincial de Galicia de Caixanova.

www.lugo10.es

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova