Cargando....
Concello de Lugo
23/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

A Muralla loce un lazo rosa para conmemorar o Día Mundial contra o Cancro de Mama e tamén se iluminará de cor rosa un treito do monumento


# Martes, 19/10/2010


Imaxe Asociada Imaxe Asociada

O Concello, a través do programa Lugo10, sumouse á conmemoración do Día Mundial contra o Cancro de Mama co apoio a unha singular iniciativa do diario El Progreso que despregou un gran lazo de cor rosa sobre a Muralla, o noso monumento máis emblemático.

O Alcalde, José López Orozco, e varios membros do equipo de Goberno e da corporación municipal participaron nos actos programados para esta xornada instituída para chamar a atención sobre a necesidade de previr o cancro de mama que é o tumor máis frecuente entre a poboación feminina.

Pola mañá despregouse unha gran lazada na zona da Mosqueira e pola tarde o Concello vai iluminar un treito da Muralla con luz de cor rosa na zona comprendida entre a Porta do Bispo Aguirre e o Campo Castelo. No mesmo acto, a Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, vai ser a encargada de dar lectura o manifesto que conmemora este 19 de outubro o Día Mundial contra o Cancro de Mama.

Nos traballos para cubrir todo o perímetro da Muralla co lazo rosa conmemorativo deste día participou o Servizo de Protección Civil do Concello. A iniciativa do diario El Progreso e a Asociación contra o Cancro colaboraron distintas institucións e empresas da cidade.

www.lugo10.es

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova