Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Comisión Especial de Planeamento reuniuse esta mañá para tratar do informe da Consellería de Cultura sobre o PXOM


# Martes, 19/10/2010
A Delegada de Urbanismo anuncia que a modificación puntual do Carme levarase ó pleno de novembro

A Comisión Especial de Planeamento reuniuse hoxe para tratar sobre o informe emitido pola Consellería de Cultura ó respecto do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Trala xuntanza, a Delegada de Urbanismo, María Novo, que na Comisión, da que forman parte todos os grupos políticos, participaron os Xefes dos servizos de Urbanismo e de Arquitectura do Concello para facer as aclaracións que precisas ós representantes dos grupos políticos. Segundo indicou a Delegada de Urbanismo, os técnicos municipais fixeron primeiro unha exposición xenérica punto por punto do informe e logo abriuse turno de preguntas.

A Delegada de Urbanismo explicou tamén que nese turno de preguntas tratouse do Camiño primitivo. O Plan aprobado provisoriamente xa se establecía unha marxe de 30 metros nos que calquera actuación terá que someterse a informe favorable de Cultura, aínda que a lei só establece esta medida para o Camiño francés. A xuízo de María Novo esta medida “pon de manifesto sensibilidade do Concello respecto ó Camiño primitivo”.

Outra das cuestións das que se falou na xuntanza foi a unidade de actuación do CS 5, a chamada Finca do Garañón, zona á que o informe da Consellería Cultura amplía o ámbito de protección das Costas do Parque e o Sanatorio Portela. “O que estamos a facer é darlle cumprimento ós informes de Urbanismo, que non di nada deste tema, e de Cultura que o único que fai é ampliar o ámbito de protección; ningún dos dous implica cambiar os volumes ordenados nas Costas do Parque, iso aclarouse xurídica e tecnicamente”, explicou María Novo.

Tamén se preguntou na Comisión polo prazo no que irá a Pleno o PXOM, que serán segundo manifestou a responsable de Urbanismo “no menor prazo posible, estamos en contacto permanente e diario co equipo redactor, será antes de final de ano pero non podemos comprometernos a dar agora unha data”.

Outra cuestión que se prantexou foi a de canto tempo terán partidos a súa disposición o documento, tema do que María Novo indicou que “imos tratar de que o teñan a súa disposición o maior tempo posible” pero lembrou que agora “non se está revisando o Plan, estase dando cumprimento ó informe de 13 de novembro do ano pasado, que se coñece desde ese momento e xa se analizou noutra Comisión, e o de Cultura que chegou hai tres semanas e os grupos téñeno desde o día seguinte á súa chegada ó Concello”. Tamén indicou que “o tempo que se precisa para estudalo non é o que foi necesario para a aprobación provisoria do PXOM”

A Delegada de Urbanismo, María Novo, anunciou ademais que a modificación puntual do Carme conta xa cos informes dos servizos de Arqueoloxía e Arquitectura e estanse tramitando agora o resto dos informes de servizos do Concello co fin de levala ó pleno do mes de novembro.

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova