Cargando....
Concello de Lugo
12/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Os Concelleiros de Economía e Emprego e Infraestruturas manterán hoxe unha reunión cos comerciantes afectados polas vindeiras obras do casco histórico


# Mércores, 20/10/2010
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, e o Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro, reuniranse hoxe as 20.30 horas cos comerciantes na sede da Federación de Comercio

As vindeiras obras de mellora de repavimentación e alumeado público no centro histórico ascenderán a 177.798 euros e levaranse a cabo na rúa da Raiña, San Froilán e rúa Nova


Tra-la celebración da Mesa Local de Comercio, o pasado luns 18 de outubro, na que se anunciaron vindeiras obras no centro histórico, e futuras reunións cos comerciantes, a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, e o Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro, participaran hoxe nunha xuntanza cos empresarios do centro histórico.

Os Concelleiros reuniranse as 20.30 horas na sede da Federación de Comercio, situada na Ronda da Muralla nº52 entresolo D, cos comerciantes das zonas afectadas polas melloras para coordinar e plantexar un calendario de obras, causando así as menores molestias posibles aos locais comerciais afectados, así como para informarlles de como se van a desenrolar os traballos.

As zonas afectadas polas melloras serán San Marcos, a rúas Raiña, San Froilán e Nova, e nos vindeiros meses, renovarase o alumeado da Praza de Santo Domingo e o carril Tuñas Bouzón.





Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova