Imprimir

O ALCALDE PARTICIPA NA INAUGURACIÓN DO PRIMEIRO CONGRESO INTERNACIONAL DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS


20/10/2010

O Alcalde, José López Orozco, participou esta mañá no acto inaugural do Primeiro Congreso Internacional de Prevención de Riscos Laborais, que se celebra desde hoxe na Facultade de Ciencias, un acto no que tamén interviñeron a Conselleira de Traballo, Beatriz Mato e o responsable provincial de Infraestruturas da Deputación de Lugo, Manuel Martínez.

O Alcalde deulles a benvida ós participantes neste encontro internacional e sinalou que “aínda que o mundo cambiou radicalmente nos últimos anos, este cambio non pode levar a que se poña en risco a vida das persoas porque non hai nada que valía máis que a vida dun ser humano e a súa integridade física ou moral”.

López Orozco tamén desexou que este Congreso serva para renovar o esforzo dos profesionais que traballan na prevención dos riscos laborais e sinalou que para a nosa cidade é unha satisfacción a celebración dun encontro internacional destas características.

www.congresodeprevencion.com