Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Novos concertos didácticos do grupo "b vocal" no Auditorio Municipal


# Mércores, 20/10/2010
A Concellería de Educación e a obra social e cultural de Ibercaja presentan “Érase una voz… la historia”, do grupo “b vocal”

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

As representacións para escolares serán os días 21 e 22 de outubro

O xoves 21 haberá unha función aberta e gratuíta as 19.00 horas


A Concelleira de Educación, Loly Vieiro, xunto co Director da oficina de Lugo de Ibercaja, José Penelas Santos, e o membro do grupo “b vocal”, Augusto González, presentaron hoxe un concerto didáctico dirixido ao alumnado do tercer ciclo de primaria.

Os concertos, recollidos baixo o título “Érase una voz… la historia”, correrá a cargo do grupo “b vocal”, e terán lugar os días 21 e 22 de outubro no Auditorio Municipal Gustavo Freire. Haberá dúas sesións por día; unha as 10.00 horas e outra as 12.00 horas. Ademais, o grupo ofrecerá un concerto gratuíto aberto a todo o público este xoves 21 de outubro as 19.00 horas.

Este é o terceiro ano que o Concello de Lugo colabora coa obra social e cultural Ibercaja. Nesta ocasión cun espectáculo da compañía “b vocal”, que realizará un percorrido polos diferentes xéneros e estilos musicais de todas as épocas a través do humor e da calidade dun grupo que leva máis de doce anos innovando co seus traballo nas posibilidades da interpretación de música sen instrumentos.

Para máis información chamar á Concellería de Educación, ao teléfono 982.297.497

O grupo “b vocal”

Leva traballando dende o ano 1995 na procura dun estilo diferente de facer música. Tomando como base a música a capela, a compañía foi evolucionando ata lograr un espectáculo multidisciplinar no que se mesturan a música, o humor, o teatro, a divulgación e o plantexamento didáctico.

O grupo é un referente internacional das voces a capella. Avalados por cinco premios acadados en Estados Unidos, una xira por Asia, e nomeados Aragoneses do ano, Alberto Marco, Fermín Polo, Carlos Marco, Augusto González e Juan Luis García están disfrutando dun ano repleto de éxito profesional.

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova