Cargando....
Concello de Lugo
12/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Este sábado darán comezo as novas actividades do programa Movida Alternativa Xuvenil que organiza Concello


# Xoves, 21/10/2010
Dende a Concellería de Xuventude preséntanse as novas alternativas de ocio dirixidas aos máis novos e que este trimestre presenta novidades

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

Tra-lo verán, comezan de novo as Asesorías Xuvenís en materia xurídica, psicolóxica e sexual no Centro Social Uxío Novoneyra


A Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, presentou hoxe as novas actividades do programa MAX (Movida Alternativa Xuvenil), que se desenrolarán dende o sábado 23 de outubro ata o 18 de decembro.

Haberá actividades todos os días da semana de 17.00 horas a 22.00 horas, facendo especial fincapé nas tardes noites dos venres e sábados. Na casa da música poderase disfrutar diariamente de xogos de enxeño, Wii, Internet, plataformas de baile, billar o tenis de mesa libre. O resto de actividades desenrolaranse no Polideportivo da Piringalla, na Piscina das Pedreiras ou no Parque da Milagrosa.

Este trimestre, o programa MAX presenta máis actividades que os últimos trimestres, xa que conta coa colaboración de diversas asociacións deportivas da cidade, que achegarán deportes minoritarios a mocidade como poden ser tenis de mesa, tiro con arco, patinaxe ou hóckey liña.

O primeiro trimestre, o programa MAX contou con 1000 usos, crecendo ata os 1250 no segundo trimestre. Segundo destacou a Concelleira de Xuventude, “a Movida Alternativa Xuvenil pretende dar unha alternativa de ocio aos rapaces e rapazas máis novos”.

Volta das Asesorías Xuvenís

Tra-lo verán, comezan a funcionar de novo as Asesorías Xuvenís en materia xurídica, psicolóxica e sexual. Este servizo da Concellería de Xuventude, atendeu no primeiro semestre do ano a case 150 persoas. Un servizo, que segundo destacou Rosana Rielo, “garante a confidencialidade dos usuarios así como o seu anonimato”. Un grupo de profesionais asesorarán en materia xurídica os luns e mércores de 19.30 horas a 21.00 horas; os martes de 18.00 horas a 21.00 horas será a quenda das asesorias psicolóxicas, e os xoves, no mesmo horario, haberá as asesorias sobre sexo ou asexoría. Aínda que estas actividades están dirixidas a mocidade, calquera persoa pode acudir ao servizo no Centro Social Uxío Novoneyra.

Máis información en PDF:

Asesorías Xuvenís 2010

Programa MAX

Cartel MAX

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova