Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello presenta a campaña "Mocidade, drogas e condución"


# Xoves, 21/10/2010
Dende a Concellería de Muller e Benestar Social ponse en funcionamento un programa de prevención dirixido a futuros condutores

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

As autoescolas disporán de diverso material didáctico e audiovisual, e dun simulador sobre os efectos do alcol e outras drogas na condución


A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, presentou hoxe, xunto con José Luis García Ferreiro, Presidente da Asociación de Autoescolas de Lugo, Francisco Javier Fernández Eiros, Técnico de Prevención de Drogas, e Pablo Ojea, da empresa lucense Imaxina, unha nova campaña de prevención de alcol e drogas dirixido a futuros condutores.

O obxectivo da campaña Mocidade drogas e condución é reducir o risco e número de accidentes de tráfico na mocidade a causa da circulación baixo os efectos de substancias que afectan ás capacidades sensoriais. Para iso, e segundo anunciou a Concelleira de Muller e Benestar Social, actuarase nas autoescolas de Lugo, que anualmente forman uns 2.000 alumnos e alumnas, a través do material elaborado nesta ocasión un CD interactivo composto por unha recompilación de material didáctico, un simulador sobre os efectos do alcol e outras drogas e uns vídeos representativos de situacións perigosas ao volante produto dos efectos do consumo dalgunha substancia.

Tal e como anunciou Carmen Basadre, o programa constará de dúas actividades, por un lado actuar na prevención e sensibilización sobre o alcol e as outras drogas por parte dos propios formadores, ao servizo dos cales se porá todo tipo de material, e, por outro, levar a cabo unha intervención mediante a utilización do CD elaborado cun pequeno simulador e varios contidos audiovisuais nos centros para propiciar o contacto directo con alumnos e alumnas a través de charlas de formación sobre o metabolismo do alcol, os efectos a nivel sensorial e psicolóxico e as condutas alternativas para evitar riscos.

www.lugo.es/prevenciondrogas

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova