Cargando....
Concello de Lugo
11/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Máis de 400 persoas participaron na gravación deste videoclip o pasado 10-10-10 na praza de Ferrol de Lugo e coa Muralla Romana como pano de fondo.


# Venres, 22/10/2010
A iniciativa está impulsada por Lugo10, proxecto que pretende conmemorar o Décimo Aniversario da Muralla Romana como Patrimonio Mundial.

A convocatoria realizouse a través das redes sociais, e contou co apoio de distintas empresas e entidades patrocinadoras que regalaron: botellas de Coca Cola conmemorativas do Décimo Aniversario, mochilas, camisetas, cadernos de Telefónica, camisetas co slogan Lugo10 de nota! do Concello de Lugo, así como diverso material de Fundación Azkar e Gestagua.

Para a gravación do megaplayback, os participantes, guiados por membros da escola Star Dance, fóronse colocando desde a Porta Falsa até a Praza de Ferrol para subir polas escaleiras que dan á Muralla Romana. Unha vez preparados e baixo un ambiente de diversión e participación, un equipo da Fundación TIC foi o encargado da gravación nunha toma secuencial.

O acto finalizou cun gran salto de todos os paticipantes, facendo honra así á canción seleccionada.

www.lugo10.es

Ligazón directa a Lipdub: http://www.youtube.com/watch?v=uYeeikyyt40

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova