Imprimir

O RELOXO DA CASA CONSISTORIAL SERÁ ARRANXADO POLA EMPRESA CONSTRUTORA


25/10/2010

O reloxo mecánico da torre do Concello de Lugo, que foi construído en 1871 por Gillett & Bland de Croydon Londres, e que presentaba algún deterioro, será reparado pola mesma prestixiosa empresa construtora, que continúa hoxe en día en funcionamento baixo o nome de Gillet & Johnston. Así, as pezas deterioradas foron enviadas para o seu arranxo ata a central da empresa en Londres.