Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Ampliado o prazo de presentación de traballos do 1º Concurso Nacional de Curtas e Maquetas que convoca a Fundación TIC dentro de Lugo10


# Luns, 25/10/2010
Poderanse entregar os proxectos audiovisuais ata o 24 de novembro, ou ata o 27 no caso dos participantes no Ludus Party

Imaxe Asociada

Precisamente, a entrega de premios levarase a cabo o 28 de novembro ó remate da sexta edición de dita xornada

A Fundación TIC, dependente da Deputación, amplía o prazo de presentación de traballos do 1º Concurso Nacional de Curtas e Maquetas, que forma parte do programa Lugo10, ata o 24 de novembro, ou ata o 27 no caso dos participantes no Ludus Party. Precisamente, a entrega de premios levarase a cabo o 28 ó remate da sexta edición de dita xornada.

Ata entón, todos os interesados poderán facer chegar os seus proxectos audiovisuais a través da Internet, -mediante a aplicación destinada ó efecto no microsite www.fundaciontic.org/maquetas ou enviándoos á dirección da Fundación TIC (rúa do Arco, s/n 2004 Lugo) no caso das curtas. Ademais, para participar no concurso é necesario achegar ó boletín de inscrición que se pode descargar na web da Fundación (www.fundaciontic.org).

Bases e premios
As bases establecen que a creación debe ser inédita, e tan só poderá presentarse un traballo por participante ou grupo. As curtas poden ser mudas ou con son incorporado, en castelán ou galego; de non ser así, deberán ter subtítulos nun destes idiomas. Teñen que presentarse en formato DVD cunha duración máxima de 10 minutos. Polo que se refire ás maquetas, admitiranse cancións de calquera estilo.

En cada unha das modalidades –curtas e maquetas- haberá tres premios: un dotado con 2.000 euros para o traballo que mellor ensalce a Muralla; outro de 1.500 para o que potencie máis a provincia, e un terceiro de 1.000 euros destinado a autores de menos de 30 anos. Tanto as maquetas musicais como as curtas formarán parte dos arquivos da Fundación TIC e do Concello de Lugo.

A Deputación con Lugo10
O primeiro Concurso Nacional de Curtas e Maquetas é unha das catro iniciativas do organismo provincial dentro de Lugo10, o programa municipal que conmemora o décimo aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade declarado pola UNESCO. A primeira en celebrarse foi a Gala Muralla Moda 2010, acontecemento que logrou unha gran proxección a nivel nacional. Logo, antes do verán, a Deputación puxo en marcha o Barco Muralla, a pioneira aula turístico-medioambiental que está a percorrer España levando o nome do Monumento bimilenario e potenciando o ecoturismo. Na mesma data, tivo lugar Lugoteando, un programa que incluíu actividades no río para todas as idades co obxectivo de poñer en valor o segundo patrimonio lucense logo do histórico, o medioambiental.

Miles de persoas de toda Galicia abarrotaron a 1º Feira Outlet de comerciantes exclusivamente da capital que Concello de Lugo e Deputación, xunto á Asociación de Autónomas, Empresarias e Profesionais lucense, impulsaron co obxectivo de potenciar e manter postos de traballo no comercio da cidade. Ó éxito da mostra foi tal, que as vendas por expositor acadaron os 5.000 euros.

Os 26 participantes tiveron que repoñer en varias ocasións, e durante a fin de semana, os seus produtos debido ó ritmo no volume de vendas. Xa tan só na tarde do venres, logo da inauguración por parte do Alcalde da cidade, José López Orozco, o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e a Presidenta de dito colectivo, Noral Real, houbo negocios que sumaron beneficios de ata 1.800 euros.

Deste xeito, os comerciantes conseguiron vender todos os seus stocks, -pezas de zapatería, téxtil, xoiería, mercería, óptica, droguería e ata delicatessen-, que contaron con descontos de entre o 50% e o 70%, e que puxeron á venda na capital antes ca ningún outro profesional de fóra da provincia. Esta foi ademais, a primeira vez que o centro da cidade acolleu unha feira destas características.

Co resultado desta iniciativa, Deputación e Concello de Lugo acadan un novo éxito dentro da aposta conxunta por impulsar a economía lucense mediante a suma de esforzos. Con Artesanfroilán, a feira de artesanía celebrada durante as patronais da capital, ambas as dúas administración lograron que estes profesionais acadasen un volume de negocio de 100.000 euros mediante á venda de produtos de difícil distribución no mercado.

Os expositores da 1º Feira Outlet de comerciantes só da capital foron os seguintes: Chiqui, Messalina, Copy Zapatos, Tintoretto, Abegonza, Montse Arias, Estela, Briti, Lencería Lilas, Chupete, Bebo y Beba, INPE, Dick & Paul, Droguería Romay, Metacrilato e artígos de regalo, Clamar Regalos, Santo Domingo 2 Galerías, Torques Lugo, Óptica Torres, Xoiería Senen e La Palloza.

www.lugo10.es

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova