Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde pídelle á Xunta medidas para abaratar o solo no polígono das Gándaras


# Luns, 25/10/2010
López Orozco participou co Presidente da Deputación, o Director Xeral de Industria e o Presidente da Asociación Impulsora do Plan Lugo.

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
López Orozco participou co Presidente da Deputación, o Director Xeral de Industria e o Presidente da Asociación Impulsora do Plan Lugo, na inauguración dunha xornada sobre as axudas para a reindustrialización que convoca o Goberno para 2011

A Deputación investiu máis de 13 millóns de euros nos últimos dous anos na execución de 8 polígonos industriais na provincia


O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, o Director Xeral de Industria do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, Jesús Candil, e o Presidente da Asociación Impulsora do Plan Lugo, Jesús Pernas, presentaron este luns as axudas para a industria e modernización do proceso produtivo que o Goberno Central convoca para 2011, e ás que se poderán acoller as empresas e as institucións da provincia. As subvencións dispoñen de dúas convocatorias, a xeral dotada de 121 millóns de euros e, a de deslocalización, con 56,5 millóns.

En total, o Goberno Central impulsou ó abeiro desta iniciativa 387 proxectos en toda Galicia, que supuxeron a creación de 1.600 postos de traballo e un investimento de 622 millóns de euros, dos que subvencionou 261 millóns. Estas iniciativas, desenvolvéronse fundamentalmente na comarca de Ferrol-Eume e Ortegal. No caso da provincia, o número de proxectos levados a cabo foi de 17, dos que 11 pertencen a 2010. Contaron cun orzamento de 6,2 millóns de euros, dos que o Ministerio achegou 5,9, e crearon 60 novos empregos.

O Alcalde de Lugo destacou que “la industria es importante porque genera trabajo. Esto lo entendió bien el Ayuntamiento en la negociación de la venta de 1,2 millones de metros cuadrados de las Gándaras. La media de la venta no llegó a 7,80 euros por metro cuadrado; un precio asequible porque sabemos la importancia que tenía la urbanización de aquel suelo. Ahora nos encontramos que en los presupuestos de la Xunta del año que viene hay 3,8 millones de euros para seguir las obras, lo que indica que no están acabadas. Hoy estoy más preocupado, si cabe, porque en la subasta pocas empresas participaron. Una de las razones es el precio, una media de 100 euros. Por eso me gustaría hacer una reflexión: ¿por qué la Xunta de Galicia no abre alguna línea de crédito para que la compra sea más barata?”.

Gómez Besteiro subliñou que “el Ministerio de Industria elija la Diputación de Lugo para presentar estas ayudas demuestra que los intereses de Galicia y de esta provincia son una prioridad para el Gobierno Central. Todos estamos viviendo momentos difíciles y todos estamos sufriendo los recortes, pero esto no puede ser una excusa para que las administraciones dejemos de hacer cosas y de impulsar medidas que nos ayuden a adelantarnos a la salida de la crisis. Por tanto, contra la crisis más ambición y más apoyo a determinados sectores”.

Estas axudas supoñen unha inxección económica moi importante que permitirán aumentar o investimento industrial das PEMES e a creación de novos postos de traballo. O organismo provincial tamén impulsa o tecido industrial da provincia a través da Sociedade Urbanística Provincial (SUPLUSA). Neste senso, Gómez Besteiro anunciou que en mes e medio iniciaranse as obras do polígono de Chantada, no que se investirán máis de 2,8 millóns de euros e se favorecerá o asentamento de novas empresas e se crearán novos postos de traballo en toda a Comarca.

En total, desde 2008 estanse executando 8 polígonos que suman preto de 1 millón de metros cadrados e máis de 13,3 millóns de euros de investimento. No mes de xuño iniciáronse as obras da área industrial de Castroverde, que avanzan a bo ritmo, e no que xa 20 PEMES reservaron a súa parcela. En 2009 tamén se remataron os de Ourol e Baleira e, en 2008, o de Friol, no que sólo falta que a empresa eléctrica soterre a liña de tensión. Así mesmo, o organismo provincial agarda iniciar as obras nos vindeiros meses da área industrial de Paradela, e ten en marcha os de Riotorto e da Fonsagrada,

Manteranse as axudas de autónomos en 2011
Dentro do apoio ó sector industrial e empresarial da provincia, o Presidente anunciou que a Deputación repetirá as axudas de autónomos en 2011. En total, o organismo provincial destinou ó longo destes dous últimos años 1,4 millones de euros a 1.200 empresarios de Lugo, converténdose na primeira Deputación de España que subvenciona os gastos correntes deste colectivo. “Las subvenciones del Ministerio son un ejemplo de cómo en tiempos difíciles tenemos que ser más ambiciosos si cabe, y buscar el aumento de la competitividad de nuestras empresas y de nuestros autónomos que, en el caso de la provincia, representan el 65% del tejido empresarial lucense, tal y como indica el amplio diagnóstico que elaboramos para poner en marcha el programa europeo, Pacto Provincial por el Empleo, a través del que insertaremos a más de 500 desempleados de la provincia en las profesiones con más futuro en Lugo”.

Plan Estratéxico da Provincia
Fomentar o desenvolvemento industrial da provincia é unha necesidade que revela o Plan Estratéxico e que o actual equipo de goberno tivo moi presente á hora de elaborar os presupuestos de 2010 e que seguirá tendo en conta para a confección dos de 2011 que aprobará en novembro.

Segundo este documento, que Gómez Besteiro lle entregou ó Director Xeral de Industria, nove Comarcas de Lugo (A Mariña Central, Occidental, Oriental, Chantada, Lugo, Sarria, Terra Chá y Terra de Lemos) concentran as dúas terceiras partes das empresas industriais, de tal forma que, segundo este Plan, os 6 Concellos que rexistran a maior actividade industrial son Burela, Viveiro, Lugo, Rábade, Sarria e Monforte, sendo no municipio lucense no que se concentra preto do 60% das empresas de máis de 50 traballadores e preto do 50% das sociedades anónimas, ó contrario do que acontece noutras provincias galegas, onde o peso empresarial é compartido con algún municipio limítrofe.

“Hay que intentar que en el resto de la provincia se produzca el mismo desarrollo para conseguir que el crecimiento sea harmónico y equilibrado, lo mismo que pedimos para toda Galicia, y no como ocurre en la actualidad, ya que la zona occidental es la que tira y la parte interior es la que sufre el fuerte desequilibrio”, subliñou o Presidente.

Programa da xornada
Os principais responsables do Ministerio nesta materia explicaron de forma detallada ós empresarios e ós Alcaldes asistentes á xornada as distintas subvencións das que se poden beneficiar á hora de levar a cabo algún tipo de investimento industrial, e que permitirán acadar un maior desenvolvemento do tecido empresarial lucense, facéndoo máis competitivo. É o caso de como obter préstamos reembolsables sen intereses de ata o 50% do investimento financiable para diversas iniciativas empresariais, as subvencións existentes para a adquisición de equipos, instalacións industriais e loxísticas, ou as posibilidades de financiamento para a adquisición de sólo industrial, urbanización, construción, ampliación e adecuación de naves industriais, etc.

Trátase dunha oportunidade única nas que os asistentes tiveron ampla información por parte dos principais responsables do Goberno Central nesta materia, como os Subdirectores Xerais de Programas Estratéxicos e de Políticas Sectoriais Industrias, Alejandro Fernández Granado e Juan Alberto Ortigosa, quenes explicarán as axudas de reindustrialización e as de fomento da competitividade de sectores estratéxicos, así como do responsable da Empresa Nacional de Innovación S.A (ENISA), Cormac Leggett, quen profundizou nas liñas de financiamento que ofrece esta entidade no sector industrial.

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova