Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde participou no programa Hoy por Hoy que se retransmitiu en directo desde o Pazo de San Marcos


# Martes, 26/10/2010
Centos de cidadáns encheron os Salóns de Actos e de Plenos da Deputación durante a entrevista que Carles Francino fixo in situ ó Ministro de Fomento na que interveu o Alcalde

Imaxe Asociada
Alumnos e técnicos da Fundación TIC fixeron posible a emisión nacional do magazine mediante a páxina web www.cadenaser.com

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e o Ministro de Fomento, José Blanco, participaron este martes no programa Hoy por Hoy que a Cadena Ser retransmitiu en directo dende o Pazo de San Marcos.

A intervención do Alcalde no programa produciuse durante a entrevista que lle fixo Carles Francino ó Ministro de Fomento e Vivenda, José Blanco. A entrevista foi o momento no que se produciu máis presenza de público nos Salóns de Actos e de Plenos da Deputacións, habilitados pola institución provincial para a retransmisión do programa da Cadena Ser, e que estiveron abarrotados por máis de 200 cidadáns.

Alumnos e técnicos da Fundación TIC, organismo audiovisual dependente da Deputación, colaboraron coa emisión do espazo radiofónico. Deste xeito, fixeron posible que Hoy por Hoy se escoitase a maiores a través da páxina web www.cadenaser.com mediante sinal streaming. Ademais, tamén se encargaron de habilitar a imaxe e o son para que centos de veciños puidesen seguir o programa dende outras salas do Pazo Provincial.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova