Cargando....
Concello de Lugo
12/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concelleira de Economía participou na Xornada "Emprendendo e Cooperando" que clausurou os actos sobre cooperativismo organizados polo Concello


# Martes, 26/10/2010


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, participou esta mañá nunha Xornada sobre cooperativas coa que se puxo fin ás actividades de fomento e promoción do cooperativismo que desenvolveu o Concello durante este mes de outubro no CEI-Nodus.

Sonia Méndez foi a encargada de facer a apertura destas xornadas nas que participaron representantes de varias cooperativas.

Na súa intervención, a Concelleira de Economía e Emprego salientou que “é o terceiro ano que o Concello de Lugo organiza actividades para promover esta modalidade empresarial porque consideramos que as cooperativas son empresas que favorecen a integración dos seus traballadores e están resistindo mellor a crise, xa que se fixan menos no capital e máis no valor dos seus traballadores”.

Méndez lembrou que durante este mes o Concello organizou actividades dirixidas a estudantes que visitaron cooperativas e 150 alumnos tomaron parte nos obradoiros sobre cooperativismo celebrados no CEI.

O medio cento de asistentes á Xornada “Emprendendo e Cooperando” tamén escoitaron as explicacións sobre as súas experiencia de socios de catro cooperativas.

Mª Paz de la Fuente falou da traxectoria da cooperativa que preside, Moega, que ten a súa sede na parroquia de Coeses e funciona como cooperativa desde marzo de 2010 aínda que existe como asociación desde hai 15 anos. Esta cooperativa dedícase ó fomento do emprego e a achegar servizos sociais ó medio rural.

Carmela Valiño explicou cómo funciona Milhulloa, unha cooperativa con sede en Palas de Rei que naceu en 2001 e dedicase ó cultivo ecolóxico, transformación e comercialización de plantas medicinais.

As cooperativas Moega e Milhulloa foron, ademais, galardoadas cos Premios de Excelencia á Innovación para as mulleres rurais, entregados polo Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Marino.

En representación de Erica Mel interviu Gonzalo Calvo. Esta cooperativa, con sede en Arzúa, iniciou as súas actividades en 1989 e comercializa meles ademais de prestar servizo de envasado e etiquetaxe personalizado dos meles.

Jorge Luis Rincón foi o encargado de explicar o funcionamento da cooperativa Como Cabras, con sede en Castro Caldelas (Ourense). Esta cooperativa naceu en 2006 fundada por empresarios procedentes de fóra de Galicia que se estableceron aquí e traballan na elaboración de queixo de cabra.

Os catro falaron das dificultades e logros das súas cooperativas e animaron a quenes buscan unha saída laboral a optar por esta fórmula de autoemprego. No mesmo sentido pronunciouse o Subdirector xeral de Cooperativas e Economía Social da Xunta, Xoan Miguel Concheiro, que interviu canda Sonia Méndez no acto de clausura.

Na Xornada tamén se fixo entrega dos premios dos concursos de fotografía e deseño de imaxe corporativa convocados polo Concello en colaboración coa Escola de Arte Ramón Falcón, que estivo representada no acto por María Esther Muñoz.

Os galardóns foron concedidos a: Begoña Pérez López, o primeiro premio de fotografía; Alba Navarrete Rodríguez, o segundo premio de fotografía; María Teresa Crende Otero, o terceiro premio na mesma modalidade, Luisa Sanmartino Cuesta, o primeiro premio de deseño de imaxe corporativa; Anxo Vizcaíno López, o segundo nesta modalidade, e Jonay Quintana Cabrera, o terceiro premio de deseño de imaxe corporativa.

cei.lugo.es

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova