Cargando....
Concello de Lugo
11/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Xurado de Expropiación de Galicia fixa o prezo do antigo cárcere en 2,4 millóns de euros menos do que pedían varios concellos


# Martes, 26/10/2010


O Concello de Lugo vén de recibir na mañá de hoxe a notificación do acordo do Xurado de Expropiación de Galicia sobre o xustiprezo fixado no procedemento de expropiación do antigo cárcere do partido xudicial de Lugo. Trátase dun expediente do ano 2008.

A resolución do Xurado, recaída no procedemento de expropiación por taxación conxunta (o mesmo procedemento que se empregou no seu día na expropiación da rúa Armórica) fixa agora o prezo do inmoble en 2.366.689,39.-€, prezo superior ó fixado no seu día polos técnicos do Concello (1.505.614,99.-€), pero claramente inferior ó solicitado por concellos como Corgo, Friol, Guntín ou Outeiro de Rei, que ascendía a 5.801.422,99.- €.

O Concello de Lugo considera favorable para os seus intereses esta resolución dado que o prezo é moi inferior do que reclamaban eses concellos. En todo caso, os servizos técnicos e xurídicos están a estudar a súa fundamentación para tomar unha decisión, dado que a lei permite a interposición de recurso contra este pronunciamento tanto ante o Xurado de Expropiación de Galicia como na vía contencioso administrativa.

Esta resolución do Xurado en nada afecta o calendario fixado para as obras, toda vez que se mantén a disposición do inmoble por parte do Concello de Lugo.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova