Cargando....
Concello de Lugo
23/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Cemiterio Municipal amplía o seu horario pola Festividade dos Santos


# Martes, 26/10/2010


Con motivo da Festividade de Santos, o Cemiterio Municipal amplía o seu horario e programa unha serie de actos especiais para a celebración desta data. Así, dende hoxe, martes 26 de outubro e ata o vindeiro día 2 de novembro, o Cemiterio de San Froilán permanecerá aberto en horario continuado, de 10.00 a 19.00 horas.

Entre outras actividades programadas, o luns, día 1 de novembro e día de Todos os Santos, haberá actuacións a cargo do grupo de música clásica Straniki, en horario de 12.00 a 13.00 horas e de 17.00 a 18.00 horas. O martes, día 2 de novembro, realizarase a tradicional ofrenda floral ás 12.00 horas na fonte da vía principal, acto que contará coa actuación, como na xornada anterior, do grupo de música clásica Straniki.

Cemiterio Municipal de San Froilán

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova