Cargando....
Concello de Lugo
11/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo participou na apertura da Asemblea que celebra en Lugo a Federación Panamericana de Leitería


# Mércores, 27/10/2010


Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, interveu esta mañá no acto de apertura da 18ª Asemblea Xeral da Federación Panamericana de Leitería (Fepale), que se está a celebrar en Lugo ata o 29 de outubro. Na apertura tamén participaron o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Casares Long;a directora xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais, Alejandra Álvarez de Mon; e o presidente da Fepale, Vicente Nogueira, entre outros representantes do sector na Península.

O Centro Tecnolóxico Lácteo de Galicia-Aula de Produtos Lácteos é o encargado da organización destes eventos, enfocados principalmente na Asemblea, que se desenvolve por vez primeira fóra do continente americano. Este conxunto de iniciativas é de grande interese para a internacionalización do sector, e converte a cidade da Muralla na capital europea da análise do comercio no sector lácteo durante estes días. Participan neste encontro uns 120 profesionais vinculados a organizacións e empresas de produción e transformación americanas e de centros investigación do mesmo continente.

A reunión permitirá, tal e como sinala o director da Aula de Produtos Lácteos, Juan Méndez, abrir canles de comunicación entre América Latina, España e Portugal. O obxectivo é que as empresas intercambien coñecementos e “se vexan unhas a outras como aliadas e non como competidoras. A reunión da Alianza Láctea Global achega á cidade a un colectivo formado por industrias lácteas que representan a meirande parte do comercio mundial e emprazadas en Arxentina, Australia, Brasil, Chile, Nova Zelanda e Uruguai. Durante a asemblea están a tratarse cuestións como a diferenciación de produtos, as marcas brancas, as políticas agrarias comúns e o intercambio de coñecementos entre o sector ibérico e o americano.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova