Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Fundacióndeuno, do viveiro de empresas do Concello, encargada da promoción do queixo San Simón


# Mércores, 27/10/2010
Mañá xoves 28 de outubro e con motivo da festividade de San Simón, repartiranse tapas gratuítas de queixo de DOP San Simón da Costa na zona de vinos

Imaxe Asociada
A empresa Funcióndeuno, pertencente ao viveiro de empresas do Concello de Lugo, e adicada a organización de eventos e a xestión cultural, é a empresa encargada da organización, mañá xoves 28 de outubro, e con motivo do día de San Simón, dun acto promocional do queixo San Simón na zona de vinos de Lugo.

Comprendendo as rúas de: Rúa Nova, Rúa da Cruz, Praza do Campo, Tinería, Bispo Basulto, etc... Mañá, durante a tarde-noite, e coincidindo coas horas nas que se serven as tapas tradicionalmente, se obsequiará aos clientes dos bares con tapas de Queixo de DOP San Simón da Costa. Cada un dos establecementos hostaleiros participantes, uns cincuenta aproximadamente, amosarán nun lugar visible un cartel anunciador do evento.

Historia

Unha lenda transmitida oralmente ao longo dos séculos atribúe aos pobos celtas, asentados nos montes da Serra dá Carba e O Xistral, a invención deste tipo de queixo. Soamente o gran poeta romano Marcial nos proporciona na súa obra unha testemuña escrita que avala, en parte, esta lenda. Tamén por el sabemos o enorme aprecio que os romanos lle tiñan a este produto. Este queixo era enviado a Roma polas súas peculiares características de sabor e duración.

No escurantismo cultural da Idade Media pérdese calquera fonte escrita sobre este queixo, pero o feito de que se elaborase ata os nosos días é unha proba da súa presenza na vida cotiá da época, ben como parte da alimentación familiar ou como pagamento de impostos á nobreza ou ao clero.

No ano 1932, o xornal Faro Vilalbés, publicaba no seu exemplar do 10 de agosto, un artigo asinado polo veterinario Rof Codina, no que fai unha descrición deste queixo e engade:

"No terceiro concurso nacional de gañados de Madrid, os queixos que máis chamaron a atención do público podente foron os queixos de San Simón que expuxo na sección de produtos lácteos a Deputación de Lugo. A casa Lardy, ante o éxito, solicitou enviásenselle mil quilos mensuais (...). Na Bisbarra de Villalba, onde se fabrica o queixo de San Simón, como industria caseira existe en case todas as aldeas a de fabricación de zuecas, calzado que se fai da madeira de bidueiro, e esta é a causa do emprego das citadas labras para o afumado dos queixos (...).,"

Será precisamente entón, a principios do novo século, cando apareza de forma oficial, documentación sobre a presenza destes queixos fóra do territorio galego. Será en Madrid en 1913, dentro da Exposición de Industrias Lácteas, onde chamaría a atención de S.M.D. Alfonso XIII.

Características

O queixo San Simón da Costa é un queixo español de leite de vaca. Mentres se produce, queda transitoriamente protexido polo Regulamento da Denominación de Orixe Protexida "San Simón da Costa", aprobado pola Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia o 18 de novembro de 2004 e ratificado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación de España o 17 de maio de 2005. Esta protección nacional transitoria cesará a partir da data na que a Comisión Europea adopte unha decisión sobre o rexistro solicitado.

Este queixo elabórase concretamente na Terra Chá, na provincia de Lugo, concretamente nos municipios de Villalba, Muras, Xermade, Abadín, Guitiriz, Begonte, Castro de Rei, Cospeito e A Pastoriza.

Fabrícase con leite de vaca cru e pasteurizada, procedente das razas loura galega, pardo alpina, frisoa e dos cruzamentos entre si. Este gando aliméntase de modo tradicional, sendo obxectivo do Consello Regulador favorecer o aproveitamento dos pastos, valorándose positivamente o emprego de especies características da zona.

Coagúlase con callo animal ou con outras encimas coagulantes autorizadas, debendo potenciarse a recuperación e uso de cepas autóctonas. Despois de callar o leite, procédese a cortala en grans, para despois moldeala, prensala e salgala con salmoira. Déixase madurar entre 30 e 45 días, para por último afumar o queixo empregando sempre madeira de bidueiro sen codia.

Este queixo ten forma característica de pera acabada en pico. O seu sabor é suave, con toques de picante, moi pouco graxo, con pouco sal e con aromas de fume de bidueiro, o que fai deste produto un excelente aperitivo e unha materia prima única a todos os niveis gastronómicos.

Este excelente queixo foi galardoado con numerosos premios, entre eles, o recoñecemento de "Produto galego de calidade" en 1991, a Denominación de Orixe en 1999, sucesivos triunfos en "Mellores Queixos de España" no grupo de "Queixos de pasta prensada de vaca", ao o premio "Alimentos de España ao mellor Queixo: ano 2009", outorgado pola MARM (Medio e Medio Rural e Mariño). 



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova