Cargando....
Concello de Lugo
12/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

16 emprendedores de Lugo xa presentaron solicitudes para viaxar a Suecia e Italia dentro do proxecto Eurotroco


# Mércores, 27/10/2010
O Concello de Lugo xestiona este programa da Unión Europea que se desenvolve ata o 30 de setembro de 2011

O Eurotroco é un programa da Unión Europea que lles dá a posibilidade ós emprendedores de intercambiar experiencias e coñecer como se traballa nos sectores do seu interese noutros países.

O programa que xestiona o Concello de Lugo cofinanciado pola Unión Europea está en marcha desde febreiro deste ano ata o 30 de setembro de 2011, conta con 30 prazas e ten como socios a dous países, Suecia e Italia, ós que viaxaron delegacións do Concello o pasado mes de abril para preparar as estadías dos nosos emprendedores.

Ata o momento 16 dos emprendedores xa solicitaron o intercambio, e 15 xa foron aceptadas. Todos son emprendedores de Lugo cun plan de empresa tamén para Lugo. Os intercambios, que deben ser aprobados pola Unión Europea, comezarán a partir do mes de setembro e produciranse ata abril do ano que vén. O programa financiará como máximo un mes de estadía por emprendedor aínda que este pode decidir prolongala ata seis meses.
O Concello ten previsto poñer en marcha unha campaña para a achegar este proxecto ós emprendedores e o longo de 2011 abriranse diferentes convocatorias ata completar o máximo de 30 prazas.

O Concello de Lugo xestiona este programa co propósito de ofrecerlle ós emprendedores da cidade todos os recursos e a información necesaria para desenvolver con éxito os seus proxectos.

O presuposto total para as estadías é de 52.078 euros, dos que a Unión Europea aporta 40.084 euros, o Concello 10.735 e os socios de Italia e Suecia 1.258 euros.

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova