Cargando....
Concello de Lugo
15/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello colabora coa Federación de Asociacións de Familiares e Enfermos Mentais de Galicia para a integración laboral destes doentes


# Mércores, 27/10/2010
O Alcalde López Orozco destaca que o Concello demostra a súa aposta polo benestar e o emprego con medidas como o convenio que asinou hoxe con FEAFES

Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, asinou hoxe un convenio de colaboración co director da Federación de Asociacións de Familiares e Enfermos Mentais de Galicia, Antonio Hernández, para a realización de prácticas non laborais de alumnos con enfermidade mental.

O Alcalde salientou que este convenio, do que se beneficiarán arredor de dez persoas, “é froito do traballo feito polas Concellerías de Benestar, Medio Ambiente e Economía”. Tamén dixo que demostra que “a aposta do Concello polo Benestar e o Emprego non é un principio xenérico senón unha realidade”.

López Orozco defendeu que “todas as persoas teñen dereito ó traballo e que se pode demostrar que, agás no caso de que exista un impedimento grande, todas as persoas servimos para desempeñar un emprego”. O Alcalde considera que darlles a oportunidade de facer prácticas nun emprego permitiralle ós beneficiarios demostrar que son útiles.

Os obxectivos son mellorar as habilidades e as posibilidades de ocupación de persoas con enfermidade mental desempregadas.

Trátase de favorecer a inserción laboral das persoas con enfermidade mental, un colectivo con especiais dificultades derivadas tanto da súa propia enfermidade, do prexuízo social, da situación do mercado laboral e do acceso á formación pola dispersión territorial desta poboación.

Neste mesmo acto asinouse outro convenio co mesmo obxectivo entre URBASER e FEAFES para a realización de prácticas dos alumnos no servizo de recollida de lixo.

O Alcalde agradeceulle á empresa concesionaria do Concello que faga esta aposta “admitindo a persoas que son capaces de desenvolver un traballo a pesar das dificultades”.


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova