Cargando....
Concello de Lugo
01/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo aposta un ano máis pola mellor maxia


# Xoves, 28/10/2010
A Concelleira de Cultura presentou hoxe a oitava edición da Semana Internacional de Maxia de Lugo, que se celebrará do 8 ó 13 de novembro

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

A Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, presentou hoxe, acompañada por José Antonio Díaz, Presidente do Colectivo Waldemar, e os magos Rafa e Teto, de Abracadabra Produccións, a Semana Internacional de Maxia de Lugo, Lugomáxico 2010, que se desenrolará na cidade do 8 ó 13 de novembro.

Nuria Mundiña destacou que “este é o oitavo ano consecutivo de Lugomáxico”, unha cita considerada polo sector como unha das máis importantes de España, tanto na calidade artística como na programación. Segundo sinalou o Mago Rafa, “nunca houbo tanta maxia como este ano. Agora son os magos os que desexan participar na Semana Internacional de Maxia de Lugo”.

Como nas anteriores edicións, poderá disfrutarse de maxia nas rúas da cidade, nos hospitais ou centros de día, e tamén haberá maxia para escolares no Auditorio Gustavo Freire. Ademais, e como novidade este ano, destacar a instalación dunha carpa situada o carón do Concello, onde de luns a xoves, de 18.00 a 20.00 horas, ofrecerase un espectáculo de 20 minutos de maxia de preto para grupos reducidos. Maxia de preto, que segundo destacou o Mago Rafa, “é un tipo de maxia moi agradecido polo público, xa que os efectos se producen a escasos centímetros dos ollos dos espectadores”.

Todas as actuacións serán de balde, salvo a Gala Unipersonal, que este ano correrá a cargo de Anthony Blake, e a Gran Gala Internacional. Segundo sinalou o Presidente do Colectivo Waldemar, “cobrarase unha entrada simbólica para este tipo de grandes espectáculos”. Os prezos serán de 7, 10 ou 12 euros.

O venres, día 12 de outubro a partires das 21.00 horas, no Auditorio Gustavo Freire, poderase disfrutar do espectáculo “Más Cerca” de Anthony Blake, considerado como o mellor mentalista do mundo. O sábado 13 de outubro, tamén a partir das 21.00 horas, será a quenda da Gran Gala Internacional de Lugomáxico, que como todos os anos conta cunha selección dos mellores magos do mundo, nos que se amosarán distintas ramas da maxia, dende a manipulación ata as grandes ilusións e que este ano conta coa presenza de: Karim (España), Jordan Gómez (Francia), David Kaplan (EEUU), Pilou (Francia), Galina (Ucrania) e Sittah (Holanda).


As entradas para estas dúas Galas estarán a venda a partir de mañá venres 29 de outubro, a través de Caixanova ou do teléfono 902.504.500.

Máis información no teléfono 010 do Concello de Lugo.

www.lugo-maxico.com

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova