Imprimir

O CONCELLO REFORZARÁ O SERVIZO DE AUTOBUSES Ó CEMITERIO MUNICIPAL NO DÍA DE TODOS OS SANTOS


29/10/2010

O vindeiro día 1 de novembro reforzarase ó servizo de autobuses ó Cemiterio Municipal, segundo informa a Concellería de Transportes.

Haberá dous autobuses máis que realizarán o seguinte percorrido:
Saídas desde Sindicatos con destino ó Cemiterio e viceversa cada 20 minutos, ademais do servizo normal que presta a liña 5E, que realizará o seu itinerario co horario normal dun día festivo.

ITINERARIO

SINDICATOS, Ronda da Muralla, Rúa Santiago; Ponte Vella, Estrada de Santiago, CEMITERIO.

CEMITERIO, Estrada Vella de Santiago, Ponte Vella, Ronda da Muralla, SINDICATOS

FRECUENCIA

Desde SINDICATOS con destino ó CEMITERIO, cada 20 minutos desde as 9.00 ata as 19:00.

Desde o CEMITERIO con destino a SINDICATOS, cada 20 minutos, desde as 09:20 ata as 19:20.

Horario e actividades previstas

Cemiterio Municipal