Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Desde hoxe ata o luns a Policía Local pon en marcha un plan de tráfico para facilitar as visitas ó Cemiterio Municipal


# Venres, 29/10/2010


A Concellería de Protección da Comunidade pon en marcha un plan especial de tráfico para facer máis fluída a circulación con destino ó Cemiterio municipal, con motivo da ponte de Todos os Santos.

Desde primeira hora da tarde de hoxe e ata a última hora do luns día 1 de novembro, os accesos e o contorno do Cemiterio municipal disporán dunha nova ordenación do tráfico que estará controlado por axentes da Agrupación de Tráfico e Seguridade Vial coa colaboración de membros de Protección Civil.

Ademais, para os desprazamentos ó Camposanto, a Policía Local aconsella circular pola Ponte nova e o acceso ó Cemiterio desde a estrada de Friol co obxecto de desconxestionar a Ponte Vella.

Consultar nova: O Concello reforzará o servizo de autobuses ó Cemiterio Municipal no Día de Todos os Santos




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova