Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Espazo>lab colabora co Servizo Público de Emprego


# Venres, 29/10/2010


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

O Concello de Lugo desde o Espazo>lab, colabora co Servizo Público de Emprego na difusión da nova web dos Servizos Públicos de Emprego de España que permitirá a realización de consultas, trámites en liña, obtención de certificados, renovación de demanda, etc.

Para elo, e durante os meses de novembro e decembro, terán lugar no Espazo>lab, centro de orientación do Concello de Lugo, charlas dirixidas a persoas desempregadas nas que se informará e formará as mesmas sobre a utilización desta nova ferramenta informática dos Servizos Públicos de Emprego.

As persoas interesadas en participar nestas charlas deben dirixirse ás oficinas de emprego e solicitar a súa asistencia ás mesmas. Tamén poden solicitar información en Espazo>lab, Avda. Coruña 490 (antigo cuartel de Garabolos) no teléfono 982 297 361 o na web www.lugo.es/espazolab





Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova