Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo forma parte da AICE (Asociación Internacional de Cidades Educadoras)


# Venres, 29/10/2010


Imaxe Asociada

Lugo forma parte da AICE (Asociación Internacional de Cidades Educadoras) a través de acordo tomado en sesión plenaria o tres de xuño de 1996, sendo o seu obxectivo traballar conxuntamente con sentido educativo no desenvolvemento de políticas e actuacións que impulsen a calidade de vida das persoas, o seu compromiso co espírito da cidadanía e os valores dunha democracia participativa e solidaria.

Desde a Concellería de Educación remitiuse á AICE diversas actividades e experiencias realizadas no Concello de Lugo, solicitando o seu recoñecemento como experiencias innovadoras para o desenvolvemento do concepto de CIDADE EDUCADORA.
Froito deste traballo, a AICE ven de recoñecer e incluír dentro do seu Banco Internacional de Documentos de Cidades Educadoras, tres experiencias levadas a cabo desde a Concellería de Educación dentro da súa programación educativa: “Vivir xuntos, convivir”, “Hortos na escola” e “Matemáticas na rúa”.

Trátase dun recoñecemento a nivel internacional para toda a cidade de Lugo como Cidade Educadora e que permite a difusión das experiencias mencionadas como experiencias innovadoras que serven de punto de referencia para outras cidades. Novamente a cidade de Lugo, e neste caso concreto, as actividades realizadas na Concellería de Educación, serven de proxección para profundizar no exercizo dos principios e valores democráticos, ao tempo que desenvolvemos o compromiso adquirido co recoñecemento da nosa cidade como cidade educadora.
Todas aquelas persoas que queiran consultar as tres experiencias mencionadas poden facelo a través da web da Asociación de Cidades Educadoras no seu Banco Internacional de Documentos (http://w10.bcn.es/APPS/eduportal/pubPaisosAc.do?idciue=573).

Así mesmo, todos os cidadáns que así o desexen poden consultar a Carta Internacional de Cidades Educadoras a través da páxina web do Concello de Lugo, accedendo dentro da mesma á Concellería de Educación.

 


Descargar o documento


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova