Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Tres proxectos educativos do Concello de Lugo reciben un recoñecemento internacional


# Venres, 29/10/2010
A Rede de Cidades Educadoras incorpora tres experiencias educativas innovadoras que se desenvolven desde hai anos en Lugo: “Vivir xuntos, convivir”, “Hortos na escola” e “Matemáticas na rúa”

Imaxe Asociada

O Concello de Lugo vén de acadar un recoñecemento internacional á súa política educativa, segundo informou hoxe a Concelleira de Educación, Dolores Vieiro.

A Asociación Internacional de Cidades Educadoras, da que forma parte Lugo desde 1996, recoñeceu como experiencias innovadoras tres proxectos educativos que se desenvolven na nosa cidade de hai varios anos. Trátase dos proxectos “Vivir xuntos, convivir”, de resolución de conflitos nos centros escolares, “Hortos na escola” e “Matemáticas na rúa”.

A Concelleira de Educación salientou que “se trata de actividades innovadoras xa consolidades e que este recoñecemento internacional supón un orgullo para Lugo”. Tamén explicou que é a primeira vez que se admiten estes proxectos a nivel internacional “o que permitirá a difusión destas experiencias que servirán de referencia a outras cidades”.

Lugo forma parte da AICE (Asociación Internacional de Cidades Educadoras) a través de acordo tomado en sesión plenaria o tres de xuño de 1996, sendo o seu obxectivo traballar conxuntamente con sentido educativo no desenvolvemento de políticas e actuacións que impulsen a calidade de vida das persoas, o seu compromiso co espírito da cidadanía e os valores dunha democracia participativa e solidaria.

Froito deste traballo, a AICE ven de recoñecer e incluír dentro do seu Banco Internacional de Documentos de Cidades Educadoras, tres experiencias levadas a cabo desde a Concellería de Educación dentro da súa programación educativa: “Vivir xuntos, convivir”, “Hortos na escola” e “Matemáticas na rúa”.

Trátase dun recoñecemento a nivel internacional para toda a cidade de Lugo como Cidade Educadora e que permite a difusión das experiencias mencionadas como experiencias innovadoras que serven de punto de referencia para outras cidades. Novamente a cidade de Lugo, e neste caso concreto, as actividades realizadas na Concellería de Educación, serven de proxección para profundizar no exercicio dos principios e valores democráticos, ao tempo que desenvolvemos o compromiso adquirido co recoñecemento da nosa cidade como cidade educadora.

Todas aquelas persoas que queiran consultar as tres experiencias mencionadas poden facelo a través da web da Asociación de Cidades Educadoras no seu Banco Internacional de Documentos (http://w10.bcn.es/APPS/eduportal/pubPaisosAc.do?idciue=573).

Así mesmo, todos os cidadáns que así o desexen poden consultar a Carta Internacional de Cidades Educadoras a través da páxina web do Concello de Lugo, accedendo dentro da mesma á Concellería de Educación

(http://www.lugo.es/cs/multimedias/2010_carta_cidades_educadoras.pdf)




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova