O Concello de Lugo expresa o seu pesar polo falecemento de Alfredo Mosteirín Castañer, o Presidente da Cámara de Comercio de Lugo e ex-Concelleiro de Lugo.
O Alcalde, José López Orozco, desexa amosar o seu afecto tanto á familia do finado como á organización cameral pola irreparable perda que supón o falecemento de Alfredo Mosteirín Castañer.
O Alcalde, no nome do Concello de Lugo, quere testemuñar o seu cariño e recoñecemento por un lucense que deu proba do seu amor pola cidade e da súa capacidade de traballo tanto na súa faceta empresarial, na presidencia da Cámara de Comercio e tamén durante os anos que formou parte da Corporación Municipal de Lugo, na que amosou o seu bo facer á fronte da Concellería de Policía e Tráfico.