Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Pesar do Concello de Lugo polo falecemento de Alfredo Mosteirín


# Martes, 02/11/2010
Mosteirín presidía a Cámara de Comercio e foi Concelleiro de Lugo

O Concello de Lugo expresa o seu pesar polo falecemento de Alfredo Mosteirín Castañer, o Presidente da Cámara de Comercio de Lugo e ex-Concelleiro de Lugo.

O Alcalde, José López Orozco, desexa amosar o seu afecto tanto á familia do finado como á organización cameral pola irreparable perda que supón o falecemento de Alfredo Mosteirín Castañer.

O Alcalde, no nome do Concello de Lugo, quere testemuñar o seu cariño e recoñecemento por un lucense que deu proba do seu amor pola cidade e da súa capacidade de traballo tanto na súa faceta empresarial, na presidencia da Cámara de Comercio e tamén durante os anos que formou parte da Corporación Municipal de Lugo, na que amosou o seu bo facer á fronte da Concellería de Policía e Tráfico.

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova