Imprimir

PESAR DO CONCELLO DE LUGO POLO FALECEMENTO DE ALFREDO MOSTEIRÍN


2/11/2010 Mosteirín presidía a Cámara de Comercio e foi Concelleiro de Lugo

O Concello de Lugo expresa o seu pesar polo falecemento de Alfredo Mosteirín Castañer, o Presidente da Cámara de Comercio de Lugo e ex-Concelleiro de Lugo.

O Alcalde, José López Orozco, desexa amosar o seu afecto tanto á familia do finado como á organización cameral pola irreparable perda que supón o falecemento de Alfredo Mosteirín Castañer.

O Alcalde, no nome do Concello de Lugo, quere testemuñar o seu cariño e recoñecemento por un lucense que deu proba do seu amor pola cidade e da súa capacidade de traballo tanto na súa faceta empresarial, na presidencia da Cámara de Comercio e tamén durante os anos que formou parte da Corporación Municipal de Lugo, na que amosou o seu bo facer á fronte da Concellería de Policía e Tráfico.