Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello realiza a tradicional ofrenda floral no Cemiterio Municipal


# Martes, 02/11/2010
O Alcalde de Lugo, xunto con membros da Corporación Municipal, participaron na tradicional ofrenda floral do día de Defuntos

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

O xoves día 4 de novembro celebrarase un recital poético, a cargo de 20 personalidades da cultura lucense, no Cemiterio de San Froilán


Como cada ano, no día de Defuntos, o Alcalde de Lugo, José López Orozco, xunto con outros membros da Corporación Municipal, realizaron a tradicional ofrenda floral, celebrada as 12.00 horas na fonte da vía principal do Cemiterio de San Froilán.

No acto de homenaxe e lembranza aos defuntos, que contou coa actuación do grupo de música clásica Straniki, o Alcalde pediu un minuto de silencio por todos os ausentes, e lembrou con agarimo e recoñecemento ao recentemente finado Alfredo Mosteirín Castañer, presidente da Cámara de Comercio de Lugo, e que durante anos formou parte da Corporación Municipal o fronte da Concellería de Policía e Tráfico.


Recital Poético

Dende a Concellería de Servizos Xerais, e con motivo dos actos da Festividade de Santos, o Cemiterio Municipal acollerá o vindeiro xoves, día 4 de outubro, a celebración dun recital poético.

A partires das 19.00 horas, vinte escritores, poetas e outras personalidades da cultura lucense participarán no recital poético que se celebrará en homenaxe a poetas, escritores e músicos que xacen no Cemiterio Municipal de Lugo. O acto contará coa actuación do Grupo de música clásica Straniki e o conxunto vocal Lugh.

Todas aquelas persoas interesadas en acudir ao acto poden inscribirse chamando o teléfono 010.

Arquivo PDF coa Lectura Poética e detalle dos actos previstos

Cemiterio Municipal de San Froilán

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova