Cargando....
Concello de Lugo
30/05/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo representou ós Concellos no acto conmemorativo do 25 aniversario do Plan Nacional sobre Drogas


# Mércores, 03/11/2010
O Alcalde destacou o papel que desenvolven os Concellos na loita contra as drogodependencias e considerou que o seu traballo debe centrarse na prevención

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, representou ós Concellos no acto que se celebrou esta mañá en Madrid, no Ministerio de Sanidade, para conmemorar o 25 aniversario do Plan Nacional sobre Drogas.

Neste acto tamén interviron o Vicepresidente Primeiro do Goberno e Ministro do Interior, Alfredo Pérez Rubalcaba, e a Ministra de Sanidade, Política Social e Igualdade, Leire Pajín. Tamén se lle entregou a Medalla de Ouro da Orde ó Mérito do Plan Nacional sobre Drogas outorgada a título póstumo a Ernest Lluch Martín.

Na súa intervención, o Alcalde de Lugo, José López Orozco, destacou o papel que realizaron nestes 25 anos os Concellos como entidade máis próxima ós problemas de drogodependencia e salientou que “lle debemos moitas das nosas accións ó Plan Nacional porque nos aportou tanto recursos como formación”.

López Orozco sinalou ademais que a tarea dos Concellos nesta materia debe ser “sobre todo nas políticas de prevención, de traballo coas familias e os afectados”. E tamén dixo que para levar a cabo este traballo de prevención “é necesario aproveitar calquera medio de comunicación para chegar ós mozos, desde a presenza directa en lugares como centros educativos ata a recursos como a internet”.

A Concelleira de Benestar Social de Lugo, Carmen Basadre, tamén asistiu como invitada a este acto conmemorativo do 25 aniversario do Plan Nacional Sobre Drogas, que comezou cunha intervención da Delegada do Goberno para este Plan, Carmen Moya e no que participaron, entre outras personalidades o pimeiro Fiscal Antidroga, José Jiménez Villarejo, e o Primeiro Delegado do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas, Miguel Soláns Soteras, ademais doutros expertos.

www.lugo.es/prevenciondrogas

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova