Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Chega a novena edición da "Exposición de Cogomelos"


# Mércores, 03/11/2010
A Concelleira de Cultura presentou hoxe a exposición, que se celebrará o vindeiro domingo día 7 de novembro no Colexio Rosalía de Castro

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
A Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, presentou hoxe, acompañada polo Presidente da Sociedade Micolóxica Lucus, Julián Alonso Díaz, a novena edición da “Exposición de Cogomelos” que dende o ano 2002 organiza a Sociedade Micolóxica Lucus en colaboración co Concello de Lugo, o CETAL, e o Restaurante España, e que este ano se enmarca na XXVIII Semana Galega de Micoloxía.

Unha exposición que foi evolucionando ao longo destes anos ata converterse nunha das máis importantes e vistosas de Galicia. Segundo sinalou o Presidente da Sociedade Micolóxica Lucus, “este ano a presenza de cogomelos é abundante, e agardamos ter exemplares de bastantes especies autóctonas”.

O sábado será o día da recolección de cogomelos, e o domingo 7 de novembro será a exposición, que se poderá visitar no Colexio Rosalía de Castro en horario de 11.30 a 14.00 e de 15.30 a 19.30 horas. O acto de inauguración será as 12.00 horas.

Na mostra poderase ver unha ampla representación de cogomelos autóctonos perfectamente identificados co seu nome científico, o nome común, o seu hábitat, e a súa comestibilidade ou toxicidade. Como na anterior edición, poderá verse, a través dunha proxección, as principais especies de cogomelos comestibles e velenosos, así como o xeito máis doado e seguro para identificar as distintas especies.

Julián Alonso Díaz sinalou que a mellor forma de evitar intoxicacións é a precaución, e recalcou que se non se coñecen as especies é mellor non comelas. A exposición ofrece unha boa oportunidade para observar e coñecer as diversas especies de cogomelos autóctonos comestibles e tóxicos.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova