Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Máis de 4000 persoas visitaron a exposición do vestiario de Ágora


# Venres, 05/11/2010
Lugo10 achegou dende o 16 de setembro ata o 31 de outubro o vestiario da película Ágora, gañadora de sete premios Goya, ata a Capela de Santa María

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

Lugo foi a única cidade de España na que se poido contemplar esta exposición, traída directamente o Museo do Traxe de Madrid, e que foi cedida gratuitamente pola produtora do filme


A exposición “Ágora. O esplendor de Alenxandría”, que estivo en Lugo dende o 16 de setembro ata o pasado día 31 de outubro, recibiu a visita de 4050 persoas. Gracias a xestión do Concello de Lugo e a Deputación, e a través do Centro de Artesanía e Deseño, Lugo poido disfrutar en exclusiva desta mostra, incluída na programación de Lugo10, que pretende conmemorar os dez anos da Muralla Romana como Patrimonio Mundial.

Máis da metade dos visitantes, en concreto un 63 por cento, foron da cidade de Lugo, mentres que un 12 por cento dos que se achegaron ata a Capela de Santa María o fixeron dende algún outro punto da provincia. Tamén quixeron disfrutar desta exposición xentes chegadas dende toda a Comunidade Galega, un 15 por cento, así como doutras comunidades autónomas, como Asturias, País Vasco, Andalucía, Castela a Mancha, Castela e León, Cataluña, Valencia ou Madrid. Tamén se achegaron á exposición persoas chegadas dende México, Uruguai ou Portugal.

A maior parte dos visitantes foron estudantes, un 23 por cento, seguidos de funcionarios, cun 16 por cento, e profesorado, cun 13 por cento. E a maior parte dos que se achegaron a coñecer esta exposición foron mulleres, cun 54 por cento, fronte o 46 por cento de homes.

A exposición

A mostra estivo composta por 19 traxes orixinais da película Ágora, de Alejandro Amenábar, e deseñados pola directora de vestiario Gabriella Pescucci. Un percorrido a través do cal se poido coñecer a convulsa sociedade dunha Alexandría ocupada polo Imperio Romano. Por este traballo, Pescucci acadou o Goya ao Mellor Vestiario en 2010. A maior parte dos deseños expostos foron os da protagonista do filme, Hipatia, interpretada por Rachel Weisz, aínda que tamén puideron verse ás diferentes culturas e relixións que convivían na cidade de Alexandría, a través de vestimentas parabolazas, paganas e cristianas.

www.lugo10.es

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova