Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Presentada a XI edición do Circuíto Larsa Corre con Nós


# Venres, 05/11/2010
O Concelleiro de Deportes anunciou as datas do popular circuíto de carreiras, que terá a súa primeira cita o domingo 21 de novembro no Gregorio Pérez Rivera

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

As inscricións poden facerse a partir de mañá a través de Internet ou presencialmente a partir do luns 8 de novembro


O Concelleiro de Turismo e Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou hoxe a XI edición do Circuíto Larsa Corre con Nós, que inaugurará a temporada atlética lucense. No acto de presentación, o Concelleiro de Deportes estivo acompañado por diversos representantes das empresas patrocinadoras do evento, como José Rois, de Macrocopia, Javier de Labra, Director de Divina Pastora Seguros, Francisco Lambea, Xerente do Centro Cormercial As Termas, e Raúl Centelles, delegado comercial de Begano Galicia.

Segundo anunciou o Concelleiro de Deportes, haberá un total de nove probas, que se disputarán ao longo do ano, intentando superar os 10.200 participantes que tivo o Circuíto Larsa Corre con Nós ao longo do ano pasado. José Manuel Díaz Grandío destacou “o progresivo incremento de participantes que cada ano ten o circuíto, que xa é sen dúbida, un referente do atletismo popular galego”.

O circuíto, como o ano pasado, distribuirase en sete carreiras puntuables para adultos e oito para os máis cativos.

As citas serán as seguintes:

Domingo 21 de Novembro - Pistas de atletismo Gregorio Pérez Rivera
Domingo 19 de Decembro – IX Carreira Solidaria Lugo Monumental (Solo válida para o circuíto Larsa CCNOS dos menores)
Sábado 16 de Xaneiro de 2011 - Nocturna de Reis
Domingo 20 de Febreiro - Avenida Infanta Elena
Sábado 12 de Marzo - Paseo do Rato
Domingo 3 de Abril - Centro comercial As Termas
Sábado 7 de Maio - Recinto Feiral
Domingo 29 de Maio - (Final Menores) - Pistas Cidade Cultural
Domingo 12 de Xuño - (Final Adultos) - Parque de Frigsa

As categorías menores que discorren entre os nados entre 1995 e 2006, competirán nas categorías Mini, A, B, C e D, con distancias comprendidas entre os 500 metros e os 3 quilómetros. Para as categorías adultas, cuxas idades están entre os nados en 1994 e anteriores, as distancias variarán entre os 4,5 quilómetros e os 6,5 quilómetros, dependendo do circuíto.

As inscricións comezarán o sábado día 6 de novembro a través de Internet; na web do Corre con Nós para os menores e na web de Championchipnorte para os adultos. As inscricións presenciais comezarán o vindeiro luns 8 de novembro, e poderán facerse na Concellería de Deportes, situada na Piscina Municipal de Frigsa, ou nas oficinas de Divina Pastora Seguros, na rúa da Raíña 18, 2ºB. As inscricións poderán realizarse ata o vindeiro día 18 de novembro.

Máis información:

www.lugo.es > casadoconcello > concellerías > deportes

www.championchipnorte.com

Descargar regulamento, forma de inscripción e datas das carreiras (arquivo PDF 4.7 MB)

Descargar formulario de inscrición adultos e menores (arquivo PDF 192.6 KB) 

deportes.lugo.es




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova