Cargando....
Concello de Lugo
25/11/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Comezan as Xornadas de prevención contra a violencia de xénero


# Venres, 05/11/2010


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
A Concelleira de Benestar Social, Carmen Basadre, participou na apertura das Xornadas de prevención contra a violencia de xénero que organiza o Concello con motivo da celebración, o día 25 deste mes, do Día Internacional contra a violencia de xénero.

As Xornadas, que se celebran baixo o lema “Abróchate” ata o 26 de novembro, comezaron cunha charla sobre “Mulleres estranxeiras vítimas da violencia de xénero: dereitos e recursos”, que correu a cargo de Isabel Ozores, asesora xurídica da Oficina de Atención a persoas inmigrantes e emigrantes retornados, e de María José Castro Álvarez, que é traballadora social da Casa da Muller.

O acto, igual que o resto das conferencias programadas, tivo lugar no Centro de Convivencia Maruja Mallo.

A próxima actividade será unha táboa redonda sobre “Violencia de xénero e discapacidades” que reunirá a representantes das asociacións ACADAR, AXORLU ONCE e ALUME. Terá lugar o xoves 11 de novembro, ás 20.00 horas.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova