Cargando....
Concello de Lugo
25/11/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Comeza a Semana Internacional de Maxia de Lugo


# Luns, 08/11/2010
A oitava edición de Lugo Máxico, que arrincou hoxe, ofrecerá múltiples espectáculos en distintas ubicacións da cidade ata o vindeiro sábado día 13

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

As entradas para a Gran Gala Internacional do sábado xa están esgotadas

As entradas para a Gala Unipersonal do venres día 12, a cargo de Anthony Blake, poden adquirise en www.caixanova.es ou no teléfono 902.504.500


Hoxe deron comezo as primeiras actividades da Semana Internacional de Maxia de Lugo, que se desenrolará en distintos puntos da cidade dende hoxe, luns 8 de novembro ata o vindeiro sábado día 13.

Como nas anteriores edicións, durante esta semana, poderá disfrutarse de maxia nas rúas do centro da cidade, nos hospitais ou centros de día. Tamén haberá maxia para escolares no Auditorio Gustavo Freire, precisamente esta actividade foi a que inaugurou esta mesma mañá a semana máis máxica da cidade.

Ademais, e como novidade este ano, destacar a instalación dunha carpa situada o carón do Concello, onde de luns a xoves, de 18.00 a 20.00 horas, ofrecerase un espectáculo de 20 minutos de maxia de preto para grupos reducidos.

Todas as actuacións serán de balde, salvo a Gala Unipersonal, que este ano correrá a cargo de Anthony Blake, e a Gran Gala Internacional, que xa esgotou as entradas a semana pasada.

Aínda quedan entradas para o espectáculo “Máis de Cerca”, de Antonhy Blake, que chegará ao Auditorio Gustavo Freire o venres, día 12 de outubro a partires das 21.00 horas. O prezo das entradas oscila entre os 7, 10 e 12 euros e poden adquirise a través de www.caixanova.es ou no teléfono 902.504.500.

O sábado 13 de outubro, tamén a partir das 21.00 horas, será o turno da Gran Gala Internacional de Lugomáxico, que pechará a Semana Internacional da Maxia de Lugo, e que como todos os anos conta cunha selección dos mellores magos do mundo e onde se poderá disfrutar de varias ramas da maxia, dende a manipulación ata as grandes ilusións e que este ano conta coa presenza de: Karim (España), Jordan Gómez (Francia), David Kaplan (EEUU), Pilou (Francia), Galina (Ucrania) e Sittah (Holanda).

www.lugo-maxico.com

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova